Redacción •  Galicia •  13/06/2018

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública para hoxe 13 de xuño

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública que terán lugar hoxe, mércores 13 de xuño, a prol da defensa da nosa sanidade contra o saqueo e casos continuos de privatización postos en marcha polo goberno corrupto do PP.

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública para hoxe 13 de xuño

Dende Esquerda Unida denunciamos en reiteradas ocasións que a privatización dos servizos públicos por parte do PP só prexudica ao interese xeral e beneficia ao lucro das empresas privadas. Exemplos deste desmantelamento constante os atopamos diariamente en novas que asumen que o sistema sanitario camiña nunha senda de privatización. Por iso, facemos un chamamento á cidadanía coa fin de frear o desmantelamento da nosa sanidade pública e a favor dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade.


Esquerda Unida /  SOS Sanidade Pública /