Redacción •  Galicia •  13/08/2016

En Marea pregunta a Fomento se realizou a fase experimental para unha solución técnica á falla de visibilidade na a-8 polas néboas

A agrupación parlamentaria de En Marea no Congreso vén de presentar unha iniciativa na Cámara na que pregunta ao Ministerio de Fomento se levou a cabo as probas dos denominados prototipos seleccionados para dar unha solución técnica aos continuos peches da autovía A-8 pola densas néboas no tramo comprendido entre Abadín e Mondoñedo.

En Marea pregunta a Fomento se realizou a fase experimental para unha solución técnica á falla de visibilidade na a-8 polas néboas

Os parlamentares de En Marea dirixen a Fomento unha batería de preguntas dado que asegurou que a licitación dos denominados prototipos realizaríase ao longo do presente ano 2016, e no cronograma do Ministerio a fase de desenvolvemento tecnolóxico remataría en agosto. Pois ben, iniciado o mes de agosto, pregunta “se Fomento resolveu a fase de licitación dos prototipos, se foron probados, e en caso negativo, a que se debe a demora.

Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández lembran que as habituais complicacións que se producen na A-8 no tramo negro entre Abadín e Mondoñedo polas persitentes néboas que se inician en primavera e duran até o outono, contiúan sen solución técnica a pesar de que o Ministerio leva dous anos de idas e vidas.

A a-8 é inútil en periodos de maior tráfico

“Unha vía nova, moi custosa, pero inútil para os usuarios de A Mariña que se atopan esta infraestrutura pechada ao tráfico a cada pouco, como sucedeu nestes últimos días. Máis unha vez, e como sucedeu desde que este tramo foi inaugurado en febrero de 2014, está pechado cada poucos días”.

Critican que se construíse unha autovía cara como alternativa á vella N-634, en mal estado de conservación e sen capacidade para absorber o importante volumen de tráfico, máis a metade do tempo está cortada á circulación. “É polo tanto, unha autovía morta”.

Poñen de manifesto que no pasado mes de abril, o Ministerio entón presidido por Ana Pastor anunciaba que en poucos días procedería a clausurar a fase de consulta de mercado para procurar unha solución. Asegurou que a licitación dos denominados prototipos sería ao longo deste ano pero nada sabemos.

Salientan que no 2015, rexistráronse máis de 380 horas de visibilidade case nula. “Non se está a proceder con grande demora neste tema? Está o Ministerio de Fomento executando o programado conforme aos prazos de tempo que se manexaban para este ano?”, son algunhas das preguntas que formulan Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández a Fomento.


En Marea /  incendios forestales /