Public Domain •  Redacción •  Galicia •  13/08/2018

En Marea denuncia o “ataque de Fenosa e Iberdrola” contra os consumidores galegos coa complicidade dos Gobernos de Rajoy e Feijóo

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal, acusaron en rolda de prensa ao Partido Popular de ser o verdadeiro responsable de que os galegos e galegas vaian ter que pagar 37,7 millóns de euros máis a partir do setembro co novo incremento no recibo da luz polo sobrecargo autonómico nas peaxes.

En Marea denuncia o “ataque de Fenosa e Iberdrola” contra os consumidores galegos coa complicidade dos Gobernos de Rajoy e Feijóo
Antón Sánchez esixiu que este imposto non se aplique en Galicia xa que “sería unha dupla estafa cunha sobrecarga na factura dos consumidores e o unha baixada da recadación a través dos impostos ás grandes empresas de enerxía eléctrica e térmica”. “Galicia non pode especializarse en enerxía eléctrica ter que soportar ademais un castigo para os petos das galegas e galegos” declarou Sánchez.
 
O deputado Francisco Casal asegurou que esta carga que se terá que soportar en Galicia non ven, como quere facer pensar o PP, a causa dunha sentenza xudicial senón que ven da aplicación dun decreto Lei elaborado polo goberno do Estado do Partido Popular. “Agora toca pagar aos cidadáns a inacción e incapacidade e dilación da Xunta que pese a que En Marea advertiu e pediu que se actúase optaron por dicir simplemente que non ía saír adiante” lamentou Casal.
 
“Estamos ante un ataque de Fenosa e Iberdrola contra os consumidores galegos permitido pola Xunta de Galicia” denunciou o deputado de En Marea. Lembrou que os propios recargos selectivos demostrouse xa que ían contra á Constitución pero a Lei continúa a ser unha espada de Damocles para os consumidores galegos. “En contra da lóxica e do que acontece en todo Europa, aquí quen contamina cobra e lugar de pagar” afirmou.
 
O grupo parlamentario de En Marea aproveitou ademais para facer un chamamento ao novo goberno do PSOE no Estado a acabar con esta inxustiza e cumprir coas  propias iniciativas que presentaron cando estaban na oposición. “É o momento de demostrar que están dispostos a desmontar a estafa das grandes compañías eléctricas e térmicas e agora contan con todas as ferramentas necesarias para poder facelo” aseguraron Antón Sánchez e Francisco Casal.

En Marea /