Redacción •  Galicia •  13/08/2018

En Marea e Marea de Vigo trasladan o seu total apoio e solidariedade coas vítimas do sinistro no Marisquiño e manifestan o seu agradecemento e recoñecemento ao bo facer dos servizos sanitarios e de emerxencias

Tanto o grupo de En Marea no Parlamento como no Congreso, e o grupo municipal Marea de Vigo inciden no feito de que a policía científica está a traballar para esclarecer o suceso, polo que hoxe é o día de apoiar ás familias.

En Marea e Marea de Vigo trasladan o seu total apoio e solidariedade coas vítimas do sinistro no Marisquiño e manifestan o seu agradecemento e recoñecemento ao bo facer dos servizos sanitarios e de emerxencias

Os deputados e deputadas de En Marea, no Parlamento e no Congreso, e os concelleiros de Marea de Vigo queren manifestar publicamente o seu apoio e solidariedade a todas as vítimas e as súas familias do sinistro no paseo marítimo no Marisquiño en Vigo, ao tempo de facer un especial recoñecemento ao servizo sanitario e forzas de seguridade e emerxencia que actuaron con total prontitude e disposición. Desde o grupo parlamentario de En Marea, o seu voceiro Luís Villares, salientou o bo facer das e dos profesionais que foron quen de dar resposta a catástrofe a pesares de que, no caso do centro hospitalario Álvaro Cunqueiro, non contan plan de catástrofes e incidente de múltiples vítimas tal e como ten denunciado en reiteradas ocasións o En Marea no Parlamento.

Por outra banda, máis alá das disputas entre as administracións en referencia ao mantemento do paseo marítimo onde aconteceu o sinistro, En Marea e Marea de Vigo coinciden en sinalar a responsabilidade tanto da Autoridade portuaria como do Concello de Vigo de ter arranxado esta cuestión con anterioridade e non levar 20 anos de enfrontamento entre administracións, así como de Portos do Estado. “Estas administracións tiña que ter atendido as súas responsabilidades e se non tiña claro de quen dependía o mantemento, terían que ter acudido aos xulgados para aclarar a situación” sinalaron tanto o voceiro de En Marea, Luís Villares, a deputada no Congreso, Alexandra Fernández, e o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez.

Tanto o grupo de En Marea no Parlamento como no Congreso, e o grupo municipal Marea de Vigo inciden no feito de que a policía científica está a traballar para esclarecer o suceso, polo que hoxe é o día de apoiar ás familias. Os distintos grupos aseguran ademais que se esixirán as responsabilidades que correspondan unha vez se teñan datos confirmados co fin de erradicar este tipo de prácticas e baleiros de actuación.


En Marea /