Redacción •  Galicia •  13/10/2016

Non ao TTIP Galiza convoca manifestación nacional contra os tratados de libre comercio

https://youtu.be/lVxgdCfgax0A mobilización central de Galiza durante o Outono En Resistencia Global terá lugar en Vigo baixo o lema “Nin CETA, Nin TTIP, Nin TISA!! Non aos Tratados de Libre Comercio!! A Campaña Non ao TTIP Galiza integrada por máis de 50 organizacións* convoca este sábado 15 de outubro de 2016 a unha Manifestación Nacional contra os Tratados de Libre Comercio baixo o lema “Nin CETA, Nin TTIP, Nin TISA!!”.

Non ao TTIP Galiza convoca manifestación nacional contra os tratados de libre comercio

A manifestación percorrerá as rúas de Vigo (cruce de Vía Norte, ás 19:00), sumando a galegas e galegos aos milleiros de voces que durante os meses de setembro a novembro realizarán diversas mobilizacións e accións de xeito continuado e coordinado contra os Tratados de Libre Comercio nos 5 continentes, e que no estado español, concretamente, iniciou a semana de mobilización o pasado 8 de outubro e rematará o vindeiro día 15.

A mobilización en Europa centrarase especialmente en visibilizar e dar resposta ao proceso de aprobación do CETA (acordo entre a UE e Canadá), que en caso de aprobarse converteríase nunha porta traseira para o TTIP (acordo entre a UE e EEUU). O CETA atópase actualmente en proceso de aprobación, e a finais de 2016 dará o seu paso clave coa votación no Parlamento Europeo.

O CETA e o TTIP conteñen mecanismos como o ICS (Sistema Xudicial de Investimentos, onde as empresas poderán denunciar aos estados polo mero feito de non obter beneficios), ao tempo que abren a porta a diversas prácticas contra a saúde ou o medio ambiente como son o fracking ou a eliminación do “principio de precaución”.  

Dende a campaña de Non ao TTIP Galiza queremos facer  un chamamento a todas as persoas e organizacións da sociedade civil para participar na semana de resistencia contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos, para visibilizar os milleiros de olladas que dende a diversidade esiximos a suspensión de todos os tratados que ameacen ao planeta e os dereitos humanos. O 15 de Outubro Galiza formará parte do”Outono en Resistencia!”, dicindo ben claro que non quere Nin CETA Nin TTIP.

VIDEO: rolda de prensa da convocatoria.


CETA /  Galicia /  TTIP /