Esquerda Unida •  Redacción •  Galicia •  14/07/2018

Yolanda Díaz: “Queremos saber que vai pasar co sector textil, onde traballan máis mulleres que homes en condicións laborais do século XIX”

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de interpelar á Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, coa fin de coñecer as actuacións que levará a cabo en política industrial, unha gran esquecida polos gobernos do PP.

Yolanda Díaz: “Queremos saber que vai pasar co sector textil, onde traballan máis mulleres que homes en condicións laborais do século XIX”
“Seguimos a demandar un macroministerio que aglutine a soberanía enerxética, industrial e tecnolóxica, que planifique de xeito transversal tódalas accións. Dividir en distintas áreas é a ferramenta para facer poucas cousas” -dixo Díaz-, insistindo na urxencia de “coñecer as medidas que vai poñer en marcha o Ministerio de Industria na defensa do sector textil, que vai á folga o vindeiro día 19, un sector estratéxico para o noso país, con rostro de muller e condicións laborais do século XIX”.
 
Doutra banda, Díaz remarcou que “segue paralizada a negociación do Plan Industrial de Navantia, con 5 centros productivos e miles de traballadores pendentes do seu futuro, un sector público que xera valor engadido ao noso país. Pola nosa banda, esiximos unha tasa de reposición do 100%” -sinala-.
 
“O Goberno debe modificar de forma urxente a xestión da demanda de interrumpibilidade das empresas electrointensivas, con liñas de axudas e planificación a longo prazo, non creando grupos de traballo para estudiar unha problemática de sobra coñecida. Precisamos estabilidade para a industria e os postos de traballo” -rematou-.

Esquerda Unida /  Yolanda Díaz /