Redacción •  xunta.gal •  Galicia •  14/07/2019

A Valedora do Pobo, condeada en sentenza firme por enchufar á sobriña de Fraga, reclama un aumento de soldo

Coa polémica aínda aberta tras confirmar o Tribunal Supremo que a Valedora do Pobo abusou do seu poder para colocar indebidamente a unha irmá do voceiro parlamentario do PPdeG nun posto da institución, Milagros Otero vén de reclamar a través dun escrito remitido onte á Mesa do Parlamento un incremento do 0.25% sobre as súas retribucións en virtude da evolución do Produto Interior Bruto en 2018.

A Valedora do Pobo, condeada en sentenza firme por enchufar á sobriña de Fraga, reclama un aumento de soldo
A Valedora, que solicita este incremento a maiores do 2,25% que xa se lle aplicou  a partir de xaneiro nas asignacións económicas no Real Decreto Lei 24/2018 de 21 de decembro polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público, conta cunha das retribucións máis altas do sector público en Galicia. 
 
«Quedamos realmente perplexos con esta solicitude e parécenos unha vergoña», sinalou a vicevoceira do Grupo Parlamentario En Marea Carmen Santos, «tendo en conta a súa controvertida xestión, que considere non só que non debe dimitir, senón que ademais reclame aínda máis diñeiro público, cando cobrou case 100 mil euros polas súas funcións», suma dos 74.800 por salario, 11.000 euros en gastos de libre disposición y otros 11.000 en gastos de representación.
 
Santos lembrou as queixas de numerosos colectivos con respecto ao traballo de Milagros Otero. «Un dos últimos o colectivo ViGalicia, co que nos reunimos esta mesma semana que nos dicían que malia terlle remitidos multitude de escritos á institución da Valeduría, estes nunca se materializan en demandas á Xunta por parte da institución que está para defender o pobo», concluíu Santos.