Ernesto Ilkermn - Roberto Solano - Anxo Ramos •  Galicia •  14/12/2016

Teis inaugura unha nova ruta de autobús ao hospital Álvaro Cunqueiro (Vitrasa Cartón)

Xa é a sexta manifestación que veñen facendo os veciños de Teis reclamando unha ruta de Vitrasa ao novo Hospital.

Teis inaugura unha nova ruta de autobús ao hospital Álvaro Cunqueiro (Vitrasa Cartón)
Feito en cartón, pero con boas rodas, ten capacidade de arrastrar tras de si a centos de persoas, así presentouse a mellor alternativa o pésimo servizo de Vitrasa que veñen soportando as Veciñas/os do concorrido barrio Vigués.
 
As veciñas denuncian as falsas promesas preelectorais do alcalde de Vigo, o cal fixo campaña coa desfeita da Xunta no Álvaro Cunqueiro, prometendo que ía dotar cuns servizos excepcionais o transporte ao novo hospital de Vigo, mais a realidade é que un ano despois da inauguración, os veciñas/os de Teis non contan cun servizo de transporte “digno” ao centro hospitalario, xa que na actualidade para chegar ao novo hospital os veciños de Teis teñen que desprazarse até a Avenida de García Barbón para coller na Casa de Artes e Oficios o H1, ou até o cruce dos Choróns para coller o H2. Considerando que a maior parte dos veciños/as que se teñen que desprazar son maiores, o feito de ter que andar a facer transbordo de unha liña a outra, non e nada doado, agravando a situación o feito de que a liña H1 non funciona nin sábados, domingos nin festivos.
 
De xeito simbólico na manifestación de onte, circulou polas rúas do barrio vigués o primeiro auto carro DIRECTO, o H3.
 
Xa é a sexta manifestación que veñen facendo os veciños de Teis, reclamando unha ruta de Vitrasa ao novo Hospital, na asemblea informativa celebrada o remate da marcha, Anxo Iglesias explicou que daranlle un tempo o Alcalde para que dote o barrio de Teis cun servizo de transporte urbano directo durante o período de Nadal, para volver a saír a rúa en Xaneiro se esta situación non se arranxa.
 
 

sanidad /  Teis /  transporte /  Vigo /