Eva Solla reitera que “as casas de apostas non son o ocio que queremos para a mocidade, aínda que o PP se empeñe en ampliar o seu número”
A pesar de ser un grave problema que vai en aumento, para Eva Solla “o PP non fixo nada para frealo, máis ben permitir o seu aumento ao ampliar o número de licencias de casas de apostas e tamén, no mes de decembro, ampliar o horario de apertura destas”.
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida estivo esta tarde na mobilización da Plataforma “Fóra as Casas de Apostas dos nosos Barrios” xunto a Loreto Taibo, membro da dirección nacional de Esquerda Unida. En declaracións a medios, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, sinalou que, “dende Esquerda Unida, levamos moito tempo advertindo que os xogos de azar son un grave problema de saúde pública, que afecta xa a 10.000 menores en Galicia que, segundo as asociacións de ex ludópatas, están enganchados”.
A proliferación de negocios de casas de apostas, así como o aumento de usuarios e usuarias nas mesmas incrementouse notablemente nestes últimos anos. As diferentes normativas que regulan a materia están quedando obsoletas ante o rápido avance desta realidade, polo que é importante levar a cabo medidas máis contundentes. A pesar de ser un grave problema que vai en aumento, para Eva Solla “o PP non fixo nada para frealo, máis ben permitir o seu aumento ao ampliar o número de licencias de casas de apostas e tamén, no mes de decembro, ampliar o horario de apertura destas”.
“Dende Esquerda Unida traballamos unha proposición de Lei que trasladamos a debate ao Parlamento de Galicia a través do noso Grupo e foi rexeitada polo voto en contra do Partido Popular, que se nega a poñer freo a expansión das casas de apostas e do xogo e a rematar cunha publicidade absolutamente nociva para os nenos e nenas e mozos en mozas no noso país”, dixo.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida sinalou que “dende o noso partido nos comprometemos a trasladar estas cuestións no programa das Eleccións Autonómicas e tamén a levalo como proposición de lei de novo en canto se constitúa o Parlamento de Galicia”.
O xogo non é ocio, é un negocio que está relacionado cun modelo social que rexeitamos e lembramos que son precisamente nos barrios de traballadoras e traballadores onde máis implantación hai destas casas de apostas, dirixidas á mocidade. Por todo isto, seguiremos a traballar coas asociacións e cos colectivos para escoitar as súas demandas e tomar medidas para evitar que a mocidade caia neste problema de saúde pública.