Esquerda Unida Compostela organiza a xornada de debate: “Os retos da loita LGTBI” con motivo do Orgullo 2017
Venres, 16 de xuño, 19 horas, en el Auditorio do Espazo Matadoiro (Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela).
Esquerda Unida Compostela organiza a charla-debate que leva por título: “Os retos da loita LGTBI”, impartida por Vanessa Angustia, senadora de En Marea; Sara Romero, activista do colectivo transexual; Charo Alises, avogada do equipo xurídico da FELGBT e a actriz Pilar Pereira. Este acto terá lugar o 16 de xuño ás 18h. no Auditorio do Espazo Matadoiro (Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela).
Este coloquio pretende dar a coñecer temas tan importantes como o Proxecto de Lei de Igualdade LGTBI, o Proxecto da Lei Galega de Identidade de Xénero, as dobres discriminacións no colectivo LGTBI ou o activismo LGTBI na cultura, entre outros.