Redacción •  Galicia •  15/07/2018

En Marea alerta sobre a sospeitosa rapidez con que se esgotaron as subvencións para mellora de infraestruturas e equipamentos a Concellos da Xunta

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, denuncia o que podería ser un novo exemplo da política clientelar tan característica do Partido Popular. As sospeitas xurden desta volta arredor da convocatoria de subvencións para creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos Concellos realizada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Unha liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva de case tres millóns de euros, que tardou tan só doce minutos en esgotarse por completo. 

En Marea alerta sobre a sospeitosa rapidez con que se esgotaron as subvencións para mellora de infraestruturas e equipamentos a Concellos da Xunta
O venres 4 de maio o DOG publicaba as bases reguladoras da convocatoria de subvencións destinadas á creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia para o ano 2018. Unhas axudas en réxime de concorrencia competitiva que, polo mesmo, se resolven de acordo á orde de rexistro das solicitudes presentadas e ata o esgotamento do credito dispoñible. É dicir: quen antes a pide, antes a leva. 
 
A alarma xorde ante o feito de que o total da partida orzamentaria incluída nesta liña de axudas bianual tardou en esgotarse tan só doce minutos. Un feito que fai temer que, facendo gala dun proceder que lle é habitual, o Partido Popular na Xunta de Galicia puidera ter filtrado información privilexiada a consistorios amigos.
 
A convocatoria para a presentación de solicitudes abriuse ás 00:00 horas do día 5 de maio. E a última solicitude que puido ser concedida antes do esgotamento total do crédito tivo entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ás 00:12:18 horas. Antón Sánchez alerta da alarmante rapidez con que foron dispensados a totalidade dos fondos dispoñibles. E, en vista de feitos recentes, como a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por trato de favor da Valedora do Pobo na adxudicación dunha praza á irmá do voceiro do Partido Popular no Parlamento; ou a que obrigou a anular as 69 prazas dun concurso interno da Deputación de Ourense; teme que poida tratarse dun novo caso do iso clientelar das institucións tan propio do PP.
 
O crédito total desta liña de subvencións era de 4.381.543 euros, divididos en 2.882.373 euros para o ano 2018 e 1.499.170 para o ano 2019, e dispúñase unha axuda máxima por concello de 500.000 euros, IVE incluído.
 
Para En Marea é evidente que existiu unha comunicación previa aos concellos amigos. Pois resulta a todas luces imposible preparar a ampla documentación esixida en tan só doce minutos.  

En Marea /  Xunta de Galicia /