En Marea •  Redacción •  Galicia •  15/09/2016

En Marea aprobará un Decreto de garantías sociais mínimas si chega ao Goberno da Xunta

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, reuniuse este xoves cos representantes da Rede Galega contra a pobreza (EAPN) aos que presentou as medidas incluídas no programa de En Marea para acabar coa actual situación de exclusión e invisibilidade a causa das políticas contra a cidadanía do goberno de Núñez Feijóo. Ao remate do encontro, Villares destacou a total sintonía entre as propostas da Rede e as de En Marea estando moitas das medidas propostas xa no seu programa electoral.

En Marea aprobará un Decreto de garantías sociais mínimas si chega ao Goberno da Xunta

De feito, anunciou que a primeira medida que levará a cabo o futuro goberno de En Marea a partir do 25 de setembro será aprobar un Decreto de Garantías Sociais mínimas que garanta dereitos básicos como son vivenda, alimentación e enerxía. Villares salientou que En Marea traballará por garantir que todos e todas teñan un teito e satisfacer as necesidades materiais básicas para aquelas persoas que están en situación de pobreza severa. Ao mesmo tempo e tendo en conta o momento do ano no que estamos e a proximidade do inverno, o candidato de En Marea comprometeuse garantir que ninguén quede sen enerxía por causa de non poder pagar o recibo da luz este inverno.
 
O candidato á presidencia da Xunta por En Marea destacou así mesmo a necesidade de levar a cabo unha planificación a longo prazo con políticas publicas axeitadas e unha total coordinación entre as distintas áreas de goberno para que sexan realmente efectivas no tempo. “Hai que escapar dos compartimentos estanco e lograr unha coordinación real entre consellerías como Servizos sociais, Sanidade, Educación ou Traballo“ destacou Villares. Así mesmo a Xunta de Galicia ten que asumir un papel protagonista
 
A ordenación do territorio que defende En Marea contempla tamén esta necesaria coordinación e para lograr a través da comarcalización de servizos dar cohesión a todo o territorio que teña impacto na loita directa contra a exclusión social.


En Marea /