BNG •  Redacción •  Galicia •  15/09/2019

O BNG esixe ao Goberno da Xunta a paralización dos vertidos ilegais no vertedoiro das Pías

O BNG trasladou ao Parlamento o problema ambiental que supón as 92.000 toneladas de rexeites procedentes da planta de Nostián que son depositados no vertedoiro das Pías (Sobrado dos Monxes) sen cumprir a normativa, pois a propia Xunta de Galiza determinou que estes residuos son ilegais ao sobrepasar a carga de residuos orgánicos establecida por Lei.

O BNG esixe ao Goberno da Xunta a paralización dos vertidos ilegais no vertedoiro das Pías
O BNG trasladou ao Parlamento o problema ambiental que supón as 92.000 toneladas de rexeites procedentes da planta de Nostián que son depositados no vertedoiro das Pías (Sobrado dos Monxes) sen cumprir a normativa, pois a propia Xunta de Galiza determinou que estes residuos son ilegais ao sobrepasar a carga de residuos orgánicos establecida por lei.
 
Os rexeites son os residuos que resultan tras levar a cabo os diferentes pasos de reciclaxe e deben quedar libres de carga orgánica, pois do contrario provocan cheiros e fermentacións no terreo do vertedoiro no que se deposita, neste caso As Pías,  que só pode albergar residuos non perigosos.
 
A planta de Nostián xestiona os residuos da Coruña e da comarca da Mariña. Os rexeites que produce esta xestión tiñan como destino dous vertedoiros: o de Miramontes (Santiago de Compostela), -no caso dos residuos procedentes dos concellos da comarca das Mariñas-, e o xa mencionado das Pías, onde van parar os rexeites da cidade da Coruña.
 
Tras as protestas veciñais e despois de ditaminar que estes rexeites non cumprían coa normativa (acumulan máis dun 30% de carga orgánica), a Xunta prohibiu a Nostián enviar os rexeites das Mariñas ao vertedoiro de Miramontes, pero non así ao das Pías, pese a estar na mesma situación.
 
Por iso, o deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, ven de pedirlle ao Goberno galego que asuma as súas competencias e deixe de tirar balóns fora, e que desde a Consellería de Medio Ambiente se tomen as medidas necesarias para que a xestión dos rexeites procedentes de Nostián se faga de acordo a normativa en vigor, lembrando ademais que o vertedoiro da Pías verte ao rego do mesmo nome na serra do Bocelo, onde nacen os ríos  Mandeo e Tambre que abastecen a moita poboación.
 
“Pedimos que eses rexeites sexan paralizados e que se faga cumprir a normativa”, demandou Rivas durante a defensa da proposición non de lei debatida na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento. “Como? Moi fácil, facendo que Nostián funcione e iso significa que ten que preparar unha compostaxe decente, ben feita que poda ser utilizado como fertilizante”, argumentou.
 
“Que os rexeites saían coa carga orgánica que marca a lei e que deixen de tomarnos o pelo con Sogama, con tanta propaganda e con tanta porquería, porque se a Consellería de Medio Ambiente está no consello de administración de Sogama sabe perfectamente que os rexeites de Nostián non se axustan á normativa e, polo tanto, non poden ser depositados no vertedoiro das Pías”, denunciou Rivas.
 

BNG /