Redacción •  Galicia •  16/01/2017

Non ao TTIP Galiza. Accións contra os tratados de libre comercio: Stop TLC, Stop CETA

A Campaña Non ao TTIP Galiza integrada por máis de 50 organizacións* de todo o territorio galego convoca aos medios de comunicación o LUNS 16 DE XANEIRO ás 10.30 horas para a presentación da Campaña de Sensibilización contra os Tratados de Libre Comercio (TLC) e a Concentración contra o CETA, que terá lugar o vindeiro sábado 21 de xaneiro na cidade olívica.

Non ao TTIP Galiza. Accións contra os tratados de libre comercio: Stop TLC, Stop CETA

A Campaña de sensibilización contra os TLC pretende informar sobre que son os Tratados de Libre Comercio así como as negativas consecuencias que traería a súa aprobación tanto a nivel global como para Galiza en concreto. Para isto lánzase unha campaña de financiamento a través da cal poder levar ao cabo os diferentes materiais e iniciativas.

Por outra banda, Galiza, xunto co resto de Europa, estará de novo mobilizándose contra o Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá, (CETA, polas súas siglas en inglés), que se move e acorda no máis absoluto secretismo, e que implica a eliminación da soberanía dos pobos e dos estados, en prol do das grandes transnacionais, así como medidas de esmagamento dos dereitos humanos e o planeta.

A concentración forma parte das diversas accións coordinadas que terán lugar no Día europeo de accións descentralizadas contra o CETA o 21 de xaneiro do 2017.

Acto: ​Rolda de Prensa. Presentación da Campaña de Sensibilización contra os TLC + Concentración contra o CETA

Lugar: Local da FAVEC (Pza. Princesa, 7 2º – 36202 – Vigo, Pontevedra)

Data:​Luns, 16 de Xaneiro de 2017

Hora: 10​:3​0 horas

Intervirán:

Representantes das diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais que conforman a Campaña Non ao TTIP Galiza.

 

*As organizacións formantes da Campaña Non ao TTIP Galiza e convocantes da mobilización do 15 do Outubro son:

ACOUGA

ADEGA

ADICAE

AER Agrupación de Electores de Redondela

A Cova dos Ratos

Amigos da Terra

ANOVA Vigo-Mos

ANOVA-Irmandade Nacionalista

Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo

BNG

Candidatura de Unidade Popular Chantada (CUP)

CCOO (SN de Galiza)

CIG

Comités Abertos

Compostela Aberta

Consumo Consciente Árbore, Soc. Coop. Galega

ContraMINAcción

Coordinadora Galega de ONGD

Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres

Democracia Real Xa-Vigo

DesPensa

ECOAR)))

En Marea

Entremos na Panificadora

EQUO Galiza

Esquerda Unida

Fronte Cívica Somos Maioría

Greenpeace Galicia

Marchas da Dignidade (Columna Galega)

Marea Atlántica

Marea Pontevedra

Marea de Vigo

Os Ninguéns

ODS Coia

Panxea

Partido Comunista de Galicia

Plataforma Cidadá de Ourense “Non ao TTIP”

Plataforma “Non ao TTIP” Ría de Arousa

Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños

Podemos Galicia

Podemos Gondomar

Podemos O Barco

Podemos Vigo

Riada Cidadá O Barco

Rede Social Galicia Sur

RSP-Vigo

Sindicato Ferroviario SF-Intersindical

Sindicato Labrego Galego

Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

TANKOllectif

Tarabela Grupo de Consumo

Verdegaia

Xuventude Comunista

Zocamiñoca

Máis información: nonaottip@gmail.com

 


CETA /  TTIP /