Arrincan as Xornadas “Olladas da resistencia e a represión”
As xornadas organizadas por
O xoves 16 de xuño terá lugar a primeira das sesións que compoñen as xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” que continuarán ata o 30 do mesmo mes, e estarán presentes en Santiago de Compostela, Redondela e Vigo. As xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” buscan facer unha análise de como é o día a día dos millóns de persoas no mundo que sofren reiteradas violacións de dereitos como consecuencia dos intereses xeoestratéxicos e a aplicación das políticas neoliberais. Ademais estas xornadas pretenden amosar como son os procesos sociais que se producen neste tipo de escenarios, tanto no interior, a través da organización da poboación para facerlles fronte, como no exterior, coa construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que se afasta en moito da situación real. Cada unha das palestras achegaranos, a través de diversas voces que estiveron sobre o terreo, posibles alternativas para afrontar ese tipo de situacións así como casos concretos de como se estruturan modelos de construción colectiva que permiten o exercicio, respecto e defensa dos dereitos das persoas nese tipo de marcos.
O programa das xornadas confórmase do seguinte xeito:
– Xoves 16 de xuño, 20:30 (CSOA Escarnio e Maldizer, Rúa da Algalia de Arriba, 11, 15704, Santiago de Compostela)
Porque nom caiu Kobane nem o Curdistam?
Conferenciante: Manuel Carvalho (activista e coordinador do blogue e a comunidade social Curdistam). Presenta: Séchu Sende
– Sábado 18 de xuño, 20:00 (Multiusos da Xunqueira, Paseo Xunqueira, s/n, 36800, Redondela)
Curdistán: As Mulleres en Loita
Conferenciantes: Rök (
– Mércores 22 de xuño, 20:30 (Café Uf, Pracer, 19, 36202 Vigo)
O Camiño Cara a Ningures Da U.E.
Conferenciantes: Juan Teixeira (reporteiro documental especializado en temáticas sociais) e Pablo González (colaborador do diario Gara e Naiz, especializado nas resistencias en Europa do Leste).
– Xoves 30 de xuño, 20:30 (Teatro Ensalle, Rúa de Chile, 15, 36202, Vigo)
Islamofobia, Xénero E Movementos Sociais
Conferenciante: Brigitte Vasallo (feminista anti-racista, mediadora intecultural, periodista colaboradora habitual de medios como Eldiario.es, Diagonal e Pikara).