Galicia • 16/08/2016

Vintecinco candidaturas preséntanse ás primarias de En Marea

No proceso participan 239 candidatos e candidatas das catro provincias.

Vintecinco candidaturas preséntanse ás primarias de En Marea

Finalmente foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea que determinarán as listas provinciais de candidatos e candidatas ás vindeiras eleccións galegas do 25 de setembro.

Pola provincia da Coruña presentáronse 6 listas, cunha participación total de 77 persoas:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/Candidaturas_definitivas_da_Corun_a_Medios_.docx

En Lugo rexistráronse 5 candidaturas, en total 34 persoas concurrindo para formar parte da lista provincial de En Marea nos comicios galegos:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/Candidaturas_definitivas_Lugo_Medios_.docx

Pola provincia de Ourense hai 5 candidaturas configuradas por 40 persoas:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/Candidaturas_definitivas_Ourense_Medios_.docx

A circunscrición de Pontevedra foi a que rexistrou un maior número de candidaturas: 9 listas da provincia, intergradas por 88  persoas:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/Candidaturas_definitivas_Pontevedra_Medios_.docx

O inicio das votacións demórase finalmente 24 horas, pois transcorrerán agora entre as 8.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, así como a proclamación provisional dos resultados, que terá lugar o venres 19 de agosto antes das 19.00 horas.


En Marea /