Redacción •  Wikimedia commons •  Galicia •  16/08/2018

En Marea apela ao Goberno de Sánchez a anular os consellos de guerra sumarísimos como o de Alexandre Boveda

O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello, vén de presentar no Congreso dos Deputados unha batería de preguntas ao Goberno de Pedro Sánchez encamiñadas a reparar a memoria e rehabilitar de forma pública e política a Alexandre Bóveda, histórico dirixente  nacionalista.

En Marea apela ao Goberno de Sánchez a anular os consellos de guerra sumarísimos como o de Alexandre Boveda
Mañán, venres 17 de agosto, cúmprense 82 anos do asesinato de Bóveda por parte do exército golpista e fascista comandado por Francisco Franco, tras un Consello de Guerra sumarísimo que dictaría a pena capital para quen era secretario de organización do Partido Galeguista e responsable da Delegación Provincial da Facenda Pública en Pontevedra.
 
En Marea reclámalle ao Goberno de Pedro Sánchez que, en cumplimento da Ley de Memoria Histórica, anule o devandito Consello de Guerra e dé así conta das peticións do Informe do Alto Comisionado da ONU para promoción da verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición, Pablo de Greiff.
 
No seu informe de 2014, de Greiff solicita ao Goberno do Estado non só a reparación, senón a nulidade das sentencias ditadas polos fascistas, así como que estas beneficien “a todas as vítimas sen distinción”.
 
Por iso desde En Marea ínstase ao actual Goberno socialista a non só promulgar Declaracións de Reparación e Recoñecemento Persoal, como ten feito o PP, senón a tomar a iniciativa declarar a nulidade de todas as sentencias de morte promulgadas polo exército golpista, empezando pola do compañeiro Bóveda, do que lembramos nestas datas o seu fusilamento. “A reposición da memoria histórica ten que ir máis alá de sacar a Franco do Val dos Caídos”, defendo o deputado galego Fernán Vello.

En Marea /