Redacción •  Galicia •  16/11/2018

O Parlamento impide que a cidadanía poda dicir a que destinar os cartos públicos como pedía En Marea

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou a imposición do debate único que terá lugar o vindeiro luns no pleno dos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2019 e as modificacións aplicadas a través da Lei de Acompañamento. “A sociedade ten dereito a que se dea un debate autónomo pero o PP continúa a impor este xeito de tramitar leis” afirmou. De cara a este debate, Villares sinalou que En Marea defenderá a súa proposta económica, alternativa coa que se pretende denunciar uns orzamentos antisociais que medran menos que a economía e que supoñen outro xeito de facer recortes. O grupo de En Marea aposta así por uns orzamentos máis expansivos cun incremento no investimento nas persoas.

O Parlamento impide que a cidadanía poda dicir a que destinar os cartos públicos como pedía En Marea

O voceiro subliñou tamén o intento do seu grupo de levar ao Parlamento a necesidade de que se producira un debate de primeira orde como é que a cidadanía poda debater sobre a que é mellor dedicar recursos públicos se ao pago da débeda aos bancos ou a recuperar un nivel de investimento aceptable en servizos sociais, emprego, mocidade, sanidade…

Así En Marea buscaba que na cámara galega se poda debater iso en que gastar os cartos públicos pero non vai ser posible polo veto imposto pola Cámara galega a emenda presentada por En Marea ao respecto para o que botaron man da aplicación directa do artigo 135.3 da Constitución. «Non é que non se vaia aprobar a nosa proposta é que nin tan sequera poderemos discutila pola aplicación dun artigo imposto por Rajoy e Zapatero por mandato de Ángela Merkel” lamentou Luís Villares.

En relación aos asuntos que En Marea levará o pleno ordinario da vindeira semana o voceiro salientou que todas as iniciativas estarán enfocadas a unha temática común como é a conmemoración do día contra a violencia machista. “A violencia física non é máis que a punta do iceberg dun sistema patriarcal que é necesario erradicar e para iso é preciso un tratamento integral da loita contra violencia de xénero cunha loita directa pola igualdade”.

Así, o grupo parlamentario presentará unha proposición non de Lei relativa á educación para evitar o emprego de uniformes diferentes segundo sexo en centros educativos. “Estamos en contra de centros que segregan e tamén consideramos necesario acabar con esta diferenciación na roupa que usan o alumando” matizou.

Outra das propostas de En Marea irán dirixidas a modernizar as dependencias xudiciais xa que como denunciou Villares cando unha vítima vai ao xulgado en moitas ocasións ten que pasar pola angustia e pánico que lle provoca en moitas ocasións atoparse cara a cara co agresor. “Non pode ser que non teñamos habilitados sistemas de vídeo conferencias, salas de espera reservadas para que podan estar separados do agresor” defendeu Villares que considerou fundamental poñer solución a estas eivas.

A situación de violencia en moitas ocasións é resultado como explicou o voceiro, é resultado dunha desigualdade económica e laborais. Nesta liña o grupo presentará unha iniciativa no pleno do Parlamento para acabar coa situación de semi escravitude na que se atopan as mulleres que traballan no sector de limpeza de habitacións de hoteis coñecidas como as Kellys. Estas mulleres que fan que o sector turístico do noso país funcione e no que a Xunta apoiase cada vez máis pero sen embargo invisibiliza a este colectivo e non escoita as súas reivindicacións.

O grupo preguntará por outras cuestións relacionadas coa desigualdade como é a fenda salarial que como reclamou o voceiro require una acción activa e non pasiva por parte do Goberno que continúa a dar as costas ás mensaxes claras que enviou a cidadanía o pasado Día internacional da muller. Así mesmo levarán tamén a necesidade de garantir os dereitos reprodutivos das mulleres dentro do sistema sanitario público.

O PP fixo do saqueo unha forma de goberno

Luís Villares referiuse na rolda de prensa ás declaracións no xulgado de Pablo Crespo das que dixo non estar sorprendido do que estaba a revelar xa que como lembrou na primeira sentenza da Gürtel púxose xa de manifesto a trama corrupta do Partido Popular. Agora o que se confirma é o xeito de actuar desta trama que aporta datos como que ata o 75 por cento das campañas electorais do PP en Galicia financiouse con diñeiro negro. “¿Que tería sido do noso país sen un financiamento ilegal nas campañas do PP?” Preguntouse o voceiro de En Marea.

Veuse tamén como Pablo Crespo sinalaba a os que recibiron sobre con cartos en B entre eles deixando entrever o nome de Romay Becarria como un destes perceptores. Persoas que tiñan tamén auxiliares coñecidos e que seguen en activo como pode ser neste caso Núñez Feijóo ao que habería que preguntar se coñecía o cobro destes sobre soldos e tamén se é coñecedor da situación actual, se segue ou non en vixencia este sistema dentro do Partido Popular xa que non estamos a falar de pagos puntuais senón dun xeito de proceder que se mantivo no tempo.

“O PP fixo do saqueo unha forma de goberno, un xeito de entender a política e un xeito de relación entre iguais. Un xeito de entender a política antidemocrática” denunciou Villares que lembrou que cuestións como o retraso na construción das fragatas para beneficiar á empresa do ex ministro Morenés é o mesmo tipo de corrupción que o reparto de sobre con diñeiro negro.


En Marea /