A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada onte por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro.
A proposta só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas.
A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada. Si un veciño/a de Teis, quer desprazarse en autobús ao hospital fora deste horario. Cal é a alternativa? Que servizo haberá os sábados, domingos e festivos?.
Desde a asociación, levan meses denunciando, convocaron 7 manifestacións, recolleron case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.
Non se tratar só de anunciar a posta en funcionamento unha nova liña. Esa liña debe atender as necesidades da veciñanza e favorecer que a veciñanza utilice o transporte urbano de Vigo.
A Asociación convoca unha asemblea este vindeiro mércores 22 de febreiro ás 19:30 horas, no local da asociación, para coñecer a opinión da veciñanza. A xunta directiva trasladara nesta asemblea unha proposta alternativa de horarios a presentada polo Concello, para que a veciñanza decida.