Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  17/03/2017

CIG, CCOO e UGT piden reunirse de inmediato ca Subdelegada do Goberno en Pontevedra para esixir o indulto de Carlos e Serafín

Así o anunciou Alberto Gonçalves na concentración que tivo lugar o pasado 16 de marzo en Vigo 

CIG, CCOO e UGT piden reunirse de inmediato ca Subdelegada do Goberno en Pontevedra para esixir o indulto de Carlos e Serafín
Outra vez a unión dos sindicatos maioritarios pediu o indulto para Carlos e Serafín. Son case tres anos de silencio do Goberno, en mans do PP todo o tempo, que se nega a indultar a dous traballadores. Como recordou o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, na súa intervención «o único que nos sigue obrigando a continuar na rúa mes tras é o de exisir xustiza para estes dous compañerios e rematar co ensañamento do que son vítimas»: condenados a tres anos de prisión por ter exercido o dereito fundamental á folga para reclamar mellores condicións laborais e salariais.
 
Ese ensañameto, cruel e innecesario, éo doblemente porque mentres Carlos e Serafín viven «co medo que causa a incerteza de que esa condena inxusta se execute e lles tronce a vida privándoos de liberdade»… a xustiza «deixa impunes aos corruptos, aos verdadeiros delincuentes».
 
No comunicado lido por Alberto en nome de CIG, CCOO e UGT pediuse que o executivo de Mariano Rajoy tome o acordo de indultar a Carlos e Serafín, porque é o PP «o que prolonga esta agonía, este calvario». Un indulto que non só reclaman eles e os seus familiares e amigos, e os tres sindicatos posto que «ten sido esixido por numerosos concellos, pola Deputación de Pontevedra e pola unanimidade do Parlamento de Galiza». 
 
Anunciaron que os tres sindicatos van solicitar de maneira inmediata unha reunión coa Subdelegada do Goberno para transmitirlle o que é unha reinvindicación da inmensa maioría social respaldada por esas institucións. Diranlle que «non aguantamos máis, que todos os prazos foron superados, que a nosa paciencia está colmada e que queremos o indulto para Carlos e Serafín xa».
 
Ese berro, «Carlos, Serafín ¡Indulto Xa!», vén sendo o habitual das numerosas concentracións e manifestacións que ao longo destes case tres anos mes tras mes nas rúas da cidade piden o que é de xustiza fronte a unha sentenza inxusta, baseada nun Código Penal que castiga á clase traballadora.
 

derechos laborales /  huelga /  indulto /  trabajadores /