En Marea esixe á Xunta de Galicia que acabe co illamento ao que teñen sometido á veciñanza do Courel
O voceiro de En Marea, Luis Villares, e a deputada Paula Vázquez Verao, mantiveron unha xuntanza co persoal sanitario dos centros de saúde de Folgoso do Courel e Seoane do Courel e visitaron a Feira de Pedrafita onde puideron “comprobar a cara e a cruz da realidade na montaña de Lugo” como salientou declarou o voceiro, unha realidade que deixa en evidencia que o medio rural galego ten todo o necesario para crear un medio rural vivo e con valor engadido pero para iso é necesario que a Xunta de Galicia asuma o seu papel. “Feijóo prometeu que esta ía ser a lexislatura do rural e está a ser a lexislatura do despoboamento, do desmantelamento e estrangulamento do medio rural” denunciou Luís Villares.