EU súmase ás mobilizacións deste sábado, Día Europeo de accións descentralizadas contra o CETA, organizadas pola plataforma “Non ao TTIP” de Galicia
Esquerda Unida unirase este sábado 21 de xaneiro ás concentracións que terán lugar en diferentes cidades de toda Europa co motivo do Día Europeo de Accións Descentralizadas contra o CETA (Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que esixirán deter os abusos á cidadanía que se levarían a cabo de saír adiante este nefasto e antidemocrático tratado.
Dende Esquerda Unida sumámonos á denuncia contra estes acordos con EE.UU e Canadá que supoñen a entrega da soberanía para crear unha estrutura de dominación autoritaria que asegura ás multinacionais un poder e que pon en perigo os servizos públicos, os dereitos laborais, ambientais ou a personalidade cultural dos pobos.
É por isto que dende Esquerda Unida apoiamos as mobilizacións, levadas a cabo pola plataforma “Non ao TTIP”, que teñen moi claro que frear o CETA, tamén coñecido como o “TTIP canadense”, é unha prioridade política e social, tendo en conta que dito tratado está en proceso de ratificación no pleno do Parlamento Europeo de Estrasburgo.
É por todo isto que dende EU apoiamos estas mobilizacións e chamamos á participación nesta xornada, xa que non podemos permitir as constantes agresións á clase traballadora e ao futuro da nosa sociedade.
Máis información sobre a situación dos tratados