Redacción •  Galicia •  19/01/2017

Non ao Galiza convoca unha concentración contra o CETA o 21X

Ademais a Non ao TTIP Galiza lanza unha campaña de microfinanciamento para poder  explicar que son e cales serán as graves consecuencias derivadas  dos Tratados de Libre Comercio.

Non ao Galiza convoca unha concentración contra o CETA o 21X

A Campaña Non ao TTIP Galiza integrada por máis de 50 organizacións* convoca este sábado 21 de xaneiro de 2017 a unha Concentración para amosar a oposición frontal ao CETA no Día de Acción Europea contra o CETA.

A concentración localizarase no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO, rúa do príncipe 54, ás 12:00) e fará que Vigo, e Galiza, súmense aos centos de localidades de toda Europa que este sábado mobilizaranse coa fin de parar o o Tratado Económico e Comercial entre Canadá e a Unión Europea (CETA).O CETA (como tamén o TTIP ou o TISA) contén mecanismos como o ICS (Sistema Xudicial de Investimentos, onde as empresas poderán denunciar aos estados polo mero feito de non obter beneficios), ao tempo que implicará a destrución de milleiros de postos de traballo e permitirá diversas prácticas contra a saúde ou o medio ambiente, así como a violación do dereito de privacidade e á protección de datos.

O Parlamento Europeo votará no vindeiro mes de febreiro a ratificación provisional do CETA, que ademais, en caso de ser positiva finalmente, converteríase nunha porta traseira para o TTIP (acordo entre a UE e EEUU). Así pois coa finalidade de presionar aos europarlamentarios e europarlamentarias, centos de localidades mobilizaranse este sábado coa pretensión de visibilizar a oposición cidadá ao CETA.

Campaña de difusión, formación e sensibilización

Coa finalidade de seguir afondando na difusión e no coñecemento destes tratados, así como nas consecuencias que suporán a todos os niveis de vida, a Campaña Non ao TTIP Galiza lanza unha campaña de crowdfunding para acadar os fondos necesarios para poder  desenvolver materiais didácticos para os centros de ensino, así como diversos materiais, canles e accións de formación e información.

*As organizacións formantes da Campaña Non ao TTIP Galiza e convocantes da mobilización do 15 do Outubro son:

ACOUGA

ADEGA

ADICAE

AER Agrupación de Electores de Redondela

A Cova dos Ratos

Amigos da Terra

ANOVA Vigo-Mos

ANOVA-Irmandade Nacionalista

Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo

BNG

Candidatura de Unidade Popular Chantada (CUP)

CCOO (SN de Galiza)

CIG

Comités Abertos

Compostela Aberta

Consumo Consciente Árbore, Soc. Coop. Galega

ContraMINAcción

Coordinadora Galega de ONGD

Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres

Democracia Real Xa-Vigo

DesPensa

ECOAR)))

En Marea

Entremos na Panificadora

EQUO Galiza

Esquerda Unida

Fronte Cívica Somos Maioría

Galiza Nova

Greenpeace Galicia

Marchas da Dignidade (Columna Galega)

Marea Atlántica

Marea Pontevedra

Marea de Vigo

Os Ninguéns

ODS Coia

Panxea

Partido Comunista de Galicia

Plataforma Cidadá de Ourense “Non ao TTIP”

Plataforma “Non ao TTIP” Ría de Arousa

Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños

Podemos Galicia

Podemos Gondomar

Podemos O Barco

Podemos Vigo

Riada Cidadá O Barco

Rede Social Galicia Sur

RSP-Vigo

Sindicato Ferroviario SF-Intersindical

Sindicato Labrego Galego

Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

TANKOllectif

Tarabela Grupo de Consumo

Verdegaia

Xuventude Comunista

Zocamiñoca