Eva Solla: “A ONCE ten que recuperar a función social e deixar de funcionar como un negocio”
Esquerda Unida súmase á concentración de CCOO contra a represión sindical e a vulneración dos dereitos de vendedores e vendedoras do cupón da ONCE.
![Eva Solla: “A ONCE ten que recuperar a función social e deixar de funcionar como un negocio”](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2020/01/eva_solla_once-950x0-c-default.jpg)
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Grupo Común da Esquerda, xunto con Loreto Taibo, membro da dirección nacional de Esquerda Unida, estiveron esta mañá na concentración convocada polo sindicato CC.OO. para denunciar a represión sindical e reivindicar a estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón da ONCE.
En declaracións a medios, Solla asegurou que “a non renovación de contrato da traballadora Begoña é un caso de represión sindical que se une á precariedade laboral que están a sofrer as traballadoras e traballadores da ONCE, en moitos casos (tamén o dela) con contratos en fraude de lei, cunha reducción drástica do número de vendedoras e vendedores con discapacidade visual”.
Por todas estas cuestións, a coordinadora naciona de Esquerda Unida ten claro que “a ONCE, en vez dun elemento de inclusión social, está a ser un negocio”. “Por iso reclamamos melloras nos dereitos laborais para as traballadoras e os traballadores, esiximos liberdade sindical e incidimos en que a ONCE ten que recuperar a función social”.