Redacción •  xunta.gal •  Galicia •  19/09/2016

En Marea denuncia a Alberto Núñez Feijóo ante a Xunta Electoral Central

En Marea presentou denuncia ante a Xunta Electoral de Ourense polo acto de firma dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a musealización do Convento de San Francisco e que tivo ao candidato á Xunta de Galicia polo Partido Popular como un dos firmantes.

En Marea denuncia a Alberto Núñez Feijóo ante a Xunta Electoral Central

O acto foi anunciado por medios de comunicación e nel se anunciaba un proxecto e a súa correspondente inversión na última semana da campaña electoral na que concorre o candidato do PP. En Marea entende que ese acto e a difusión que del fixo o Partido Popular vulnera o previsto no art. 50.2 da actual Lei Electoral ao tratarse dun acto cun marcado acto político que ten unha clara intencionalidade electoral.
 
A lei electoral especifica: “Desde a convocatoria das eleccións e ata a celebración das mesmas quedo prohibido calquera acto organizado o financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que contenga alusións ás realizacións ou logros obtidos ou que utilice imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas en sus propias campañas por algunha das entidades políticas concurrentes ás eleccións”.
 
En Marea entende tamén que aínda que se alegue que a firma deste convenio corresponde a actividade ordinaria da Administración, non é menos verdade que a firma do convenio por si mesma non precisa de ningún tipo de protocolo e tampouco da presenza do candidato á Xunta polo PP que, polo tanto, está facendo un uso indebido da institución que preside para favorecer a súa candidatura.
 
A formación considera que este tipo de abusos explican, unha vez máis, que o Partido Popular non confía na maioría da que alardea, especialmente en Ourense, e recorre a prácticas que a lei electoral considera ilegais.


Alberto Núñez Feijóo /  En Marea /