Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  19/10/2017

CIG, CCOO e UGT mobilizaranse diante da Subdelegación do Goberno de Pontevedra

Ante a falta de resposta por parte do Goberno central levaran a esixencia do indulto de Carlos e Serafín ás portas da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.

CIG, CCOO e UGT mobilizaranse diante da Subdelegación do Goberno de Pontevedra
Un mes mais nas escaleiras do MARCO, en Vigo, voltouse a pedir o mesmo que dende fai anos xa: «Carlos, Serafín, ¡indulto xa!» o pasado xoves 19 de outubro
 
Os dous traballadores condenados a penas de prisión por participaren nunha folga contan co apoio dos tres sindicatos maioritarios da Galiza, CIG, CCOO e UGT, que de xeito unitario veñen mobilizándose xunto con máis xente para esixir o que é de xustiza: que Carlos e Serafin sexan indultados porque defender os dereitos da clase traballadora non pode ser delito.
 
 
Nesta ocasión foi a secretaria xeral de CCOO en Vigo Amelia Pérez quen, ao remate da concentración, leu un comunicado no que avisou de que non son os únicos traballadores que están nesa inxusta situación: antonte mesmo houbo «outro xuízo más a unha traballadora por defender os seis dereitos en Unipost».
 
A «deriva coercitiva do goberno do PP» quen máis a sofre son as e os traballadores de ahí que «a resposta unitaria da clase obreira, como a que estamos dando nesta cidade é un exemplo e é moi importante». Malia as numerosas concentracións, manifestacións, peticións de institucións en prol do indulto de Carlos e Sera, e posto que este non da chegado, anunciou que «ante a falta de resposta do goberno e da Subdelegación á que se lle pediu unha xuntanza»… as próxima mobilización será posiblemente diante da Sudelegación do Goberno.
 
Posto que «Carlos, Serafín sabedes que seguides contando con todas e todos nós» «Estamos xuntas e xuntos nesta loita» finalizou Amelia.
 

indulto /  laboral /  trabajadores /