Redacción •  Galicia •  20/05/2019

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, esixe solucións aos problemas de contaminación e a falta de traballo nas nosas costas

Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, estivo en dous espazos protexidos pola Rede Natura 2000, Foz de Val Miñor (Nigrán) e Baiona, para demandar solucións aos problemas de contaminación e falta de traballo nas nosas costas.

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, esixe solucións aos problemas de contaminación e a falta de traballo nas nosas costas

A primeira xuntanza tivo lugar en Foz do Val Miñor (Nigrán) onde Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, reuniuse con José Cuevas, candidato á alcaldía de Nigrán Decide, José Ramón Estévez, candidato á alcaldía de Unidas Podemos Son En Común Baiona, Eli Suárez, candidata á alcaldía de Gondomar Concello Aberto (CABE), entre outras, que falaron sobre a necesidade do tratamento diferenciado da xestión da pesca da frota artesanal con respecto ás frotas industriais.

Despois, Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, estivo na lonxa de Baiona para falar da defensa “dun sector propio de Galicia, da nosa frota de pesca artesanal”. Ao seu xuízo, este sector “non é escoitado en Bruxelas, polo que non decide o seu futuro sobre dúas cuestións esenciais, por una parte a reformulación da captura accidental para mudala en ‘pesca dirixida’ e, por outra parte, respecto á necesidade de diferenciar as cuotas de pesca artesanal e pesca industrial”.

 

 


Unidas Podemos Cambiar Europa /  Vanessa Angustia /