Esquerda Unida apoia a celebración dunha asemblea extraordinaria para dar unha saída cívica á situación catalana
Esquerda Unida mostra o seu apoio á iniciativa posta en marcha por IU, Podemos, En Comú Podem e En Marea baseada en ofrecer unha saída cívica e dialogada á situación política en Catalunya da man dunha asemblea extraordinaria con presencia de todas as forzas democráticas.

Dende Esquerda Unida consideramos que é preciso ter vontade para abrir vías de diálogo para atopar unha solución política, non represiva, ante esta situación que se está a dar en Catalunya, tachada polos participantes desta iniciativa “de excepción”, e provocada polos constantes ataques do Partido Popular á democracia e á liberdade de expresión.
Esquerda Unida mostra unha seria preocupación pola actuación autoritaria do Goberno de Mariano Rajoy, empeñado en censurar o debate político dunha maneira propia da época franquista, e saúda esta proposta, que insta ao PP a entrar en razón e dialogar coa Generalitat para acordar un referendo pactado.