A Asociación Petón do Lobo pídelle á Xunta que garanta o cumprimento da normativa sobre espazos naturais de máxima protección a nivel europeo
A entidade alerta da realización da realización de actividades masivas de alto impacto como festivais de música o actividades deportivas en espazos de alto valor ecolóxico da Rede Natura 2000 e pide que non sexan autorizadas nas zonas máis sensibles a nivel de paisaxe e biodiversidade.
Nun comunicado Petón do Lobo cita exemplos de actividades pendentes de realización como o Festival «V de Valarés» ou o «Tres Lunas Race», desenvolvidas en lugares da Rede Natura da Coruña e Ourense protexidos como Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), ademáis doutras xa desenvolvidas este ano coma o «Camiño dos Faros» e o «I Trail Fragas do Eume» tamén na Coruña ou o «Ultra Trail Serra do Courel», na provincia de Lugo.
Petón do Lobo únese así á denuncia doutros colectivos como a Sociedade Galega de Historia Natural, Salvemos Cabana ou WWF España, que alertou recentemente do incumprimento reiterado das directivas de protección da natureza por parte da Xunta de Galicia.
A entidade recorda que malia ter transcorridos maís de dous anos dende a promulgación do Decreto 37/2014, de xestión da Rede Natura 2000 en Galicia seguen a autorizarse actividades de carácter multitudinario que pese ás medidas paliativas que lles poidan ser impostas pola Administración, rematan por ter efectos negativos nos espazos naturais «máis valiosos, sensibles e emblemáticos de Galicia» e que «hai territorio dabondo» para atopar localizacións alternativas, pois a Rede Natura 2000 apenas abrangue o 12% do territorio galego.