Redacción •  Galicia •  21/08/2018

Compromiso por Galicia manifesta o seu apoio á loita do colectivo dos axentes forestais

A formación secunda o manifesto en defensa do monte e apoio dos axentes forestais, así como a manifestación e as súas obxectivas reivindicacións de cara a un acordo laboral xusto e acorde coas súas funcións. 

Compromiso por Galicia manifesta o seu apoio á loita do colectivo dos axentes forestais
MANIFESTO DE APOIO AOS AXENTES FORESTAIS DE GALICIA
 
Os colectivo de Axentes forestais/medioambietais de Galicia, funcionarios públicos da Xunta de Galicia, que entre outras cousas desempeñan funcións de policía e custodia do patrimonio natural deste país, control na xestión dos recursos piscícolas e cinexéticos, xestión e control no aproveitamento das masas forestais, labores de educación ambiental nas escolas e dentro da prevención e extinción dos lumes forestais exercen a función de investigación de delitos de incendios forestais, así como asumir a responsabilidade da Dirección Técnica de Extinción na práctica totalidade dos lumes forestais de Galicia.
 
A excesiva carga de traballo neste ámbito, que soporta un exercicio de grande profesionalidade e responsabilidade, non ten ningún outro homólogo semellante a nivel europeo.
 
Por isto e máis; os Axente forestais levan en folga indefinida dende o día 1 de agosto do 2018 pola total falta de entendemento coa administración autonómica para chegar a un novo acordo sobre as condicións de traballo; acordo este que leva caducado dende o ano 2007. Por este motivo, os Axentes forestais estanse a mobilizar e facer chegar ao conxunto da sociedade as súas xustas demandas para poder exerceren dun xeito adecuado un servizo público e de calidade para a defensa e custodia do noso medio ambiente. 

Compromiso por Galicia /  CxG /