Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  21/09/2017

Concentración en Vigo para esixir o indulto de Carlos e Serafín

Como cada penúltimo xoves de cada mes voltan as concentracións para esixir o indulto de dous traballadores condenados a penas de prisión pola súa participación nunha folga do transporte. Imos camiño dos catro anos pedindo o indulto, e escóitase outra vez: ¡Carlos, Serafín, indulto xa!

Concentración en Vigo para esixir o indulto de Carlos e Serafín
Ó remate da concentración, Ernesto Fontán, da UGT, en nombe de todas e todos, leu o comunicado no que recordou que a folga na que participaran foi no ano 2008, o que supón xa case 10 anos dende que foron identificados nela, chegándolles con posterioridade un xuízo inesperado polo que foron condeados a 3 anos de prisión, como recalcou Ernesto «nunha sentenza, ó noso xuízo, inxusta» posto que outros «por roubar e asaltar as arcas públicas de tódolos xeitos posibles son indultados e pasean pola rúa impunemente». Esa sentenza inxusta «estaba baseada na limitación dos dereitos das traballadoras e traballadores onde se criminaliza a protesta social e se castiga así o dereito de folga» continuou denunciando Ernesto.
 
Avisou que as mobilizacións continuarán posto que «se non loitamos estamos vencidos definitivamente». Non só se vén limitando constantemente o dereito lexítimo á folga, senón que ademáis este goberno impón a lei mordaza «non só os traballadores, senón a toda a sociedade» nun recorte de dereitos nunca visto ate agora.
 
Por eso os tres sindicatos maioritarios na Galiza (CIG, CCOO e UGT) estarán, tamén ca xente que acude ás numerosas concentracións e manifestacións, defendendo a Carlos e Serafín, porque eles dous somos todos. Calquera pode verse na súa situación cando o goberno fai leis que amparan unha represión tamén denunciada na concentración, e discrimina os indultos que concede, deixando libres ós amiguetes e non a quen foi inxustamente condenado.
 

Galicia /  huelga /  Vigo /