Compromiso por Galicia demanda da Xunta a activación do Plan de Regadío da Limia
El pasado día 18 de xaneiro, representantes da formación mantiveron contactos na Limia con productores de pataca. O motivo da xuntanza foi coñecer as necesidades do sector e ofrecer a Compromiso por Galicia como interlocutor en Bruxelas a través da eurodeputada de CxG na Coalición por Europa, Izaskun Bilbao.
Froito do encontro, Piñeiro Docampo Secretario Xeral de Compromiso levará a Bruxelas dúas reivindicacións do colectivo referentes á normativa de cepillado da pataca en relación a parasitos na que os produtores observan unha eiva en relación a acción da UE en distintos países membros.
CxG observa tamén que a Xunta de Galicia na súa acción política non facilita a produción e o crecemento deste importante sector galego. A paralización do plan de regadío que é cofinanciado polos propios produtores é unha perda competitiva para este sector, é por elo que pídenlle ao PP e aos representantes do Goberno da Xunta a activación dos fondos precisos de 20 millóns de Euros e axuda para o cambio de situación dos pozos.
“Compromiso ven mantendo contactos con distintos produtores do País e estamos en condicións de asegurar que tanto PP coma PSOE non son capaces de influír na política da UE, quizais por ver en Galicia a moeda de cambio precisa para outras negociacións, CxG estará atento a estes movementos, co traballo de Izaskun Bilbao”- Sinalou o Secretario Xeral Piñeiro Docampo.