En Marea presenta en Santiago o seu programa económico para Galicia
O candidato á presidencia Luís Villares comprometeuse con “transformar o crecemento do emprego en benestar social“ impulsando unha distribución xusta da riqueza e unha economía produtiva ao servizo da xente.
En Marea presentou esta semana as súas propostas económicas escollendo o polígono industrial de Costa Vella en Santiago de Compostela como marco para esta presentación. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, salientou o compromiso de En Marea por acabar co abandono do mercado por parte do goberno de Núñez Feijóo que “impuxo unha economía de casino especulativo que non se preocupou das empresas, da economía, do emprego, nin do país“. Fronte a isto salientou a alternativa de En Marea que garantirá tamén o crecemento económico co benestar social conxunto do país cun goberno forte e con conexión baseado no dinamismo económico e industrial cun investimento en I+D+I que eleve ata o 2por cento as políticas de innovación e coñecemento repartidos en dúas áreas, na industrial e na Universidade.
En Marea apostará así mesmo polos cluster para que se manufacture e acabe no noso país xa que garante un emprego de calidade. Outra das medidas será dinamizar banco de parcelas industriais que se porá a disposición das grandes, medianas e tamén autónomos. En Marea reformará o Igape facer fluír crédito de xeito non usuraria. Pero tamén co gasto socia se pode xerar emprego de calidade e proximidade e así sucedera a partir do 25 de setembro como salientou Villares na presentación. “É preciso unha nova política de emprego que o servizo público de emprego galego poña en contacto os demandantes de emprego coas empresas que teñen ofertas de emprego, combinado coa necesidade de formación e que se faga de xeito estruturado en todo o país tamén nos espazos rurais, e para iso sacaremos adiante un plan de emprego rural“ explicou o candidato á presidencia de En Marea.
O coordinador do programa en materia económica, Gonzalo Rodríguez, salientou que a competitividade das grandes empresas depende tamén da competitividade das empresas auxiliares, “nestes clusters temos que superar as políticas sectoriais e avanzar cara políticas que integren esa cadea de valor cara adiante e xere valor“. “A Xunta de Galicia ten que ser un actor activo creando oportunidades“ explicou. “O que non vai funcionar e seguir sacando coellos das chisteiras, nós alegrámonos moito cada vez que hai un contrato grande ou pequeno para os estaleiros, decepcionámonos moito cando a realidade non é nin a décima parte do prometido“ declarou Gonzalo Rodríguez “pero sempre que hai un barco nas gradas estamos contentos, agora ben o futuro do sector naval en Galicia depende de que xeren vantaxe competitiva que depende ao seu tempo de que teñamos determinadas infraestruturas, como un dique seco en Ferrol para competir en novos segmentos de barcos, ou ter capacidade de xestión para ser quen de facer políticas de I+D+I“. Por este motivo, anunciou que o vindeiro presidente da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Vilalres, esixirá que Ferrol sexa unha unidade empresarial autónoma que non teña que asumir as perdas doutros estaleiros e sexa capaz de liderar a produción do naval en Galicia. Queremos futuro non fuxidas cara adiante.
A Banca pública e outra das medidas que impulsará En Marea para resolver o problema do crédito. A caixas galegas tanto de Vigo como de A Coruña contribuíron ao desenvolvemento destas cidades no seu momento, e agora temos que reconstruír os instrumentos de crédito aniquilado por Núñez Feijóo.
Pero En Marea contempla tamén outro tipo de políticas como por exemplo relativa aos comedores escolares por exemplo gastamos 44 millóns de euros ao ano “un gasto que hai que facer e por iso fagámolo ben, fagamos que se aproveite por produtores locais, que os hospitais, as residencias públicas os comedores escolares tiren do comercio de proximidade“. Isto permitirá a introdución de máis persoas á actividade agraria, será un punto de dinamización no rural. Camiñar cara a igualdade real de oportunidades.
Carmen Castro responsable tamén de programa, destacou a necesidade de por en valor e dignificar o traballo dos coidados e facilitando oportunidades para as persoas que precisas eses coidados como para as persoas que están facilitando este servizo. Recuperar o público e investir nunha rede pública de servizos de proximidade adaptadas as necesidades das persoas no relativo aos coidados en todo o noso ciclo vital. Así mesmo, En Marea analizará o reparto e distribución dos tempos da vida e dos tempos de traballo para acadar aquel que sexa mellor para conciliar todas as dimensións da vida. Artellará en torno a estratexia de socialización de coidados que ten un punto forte na necesidade de establecer alianzas con empresas para crear infraestruturas e equipamentos sociais para facilitar esas necesidades.
Desenvolver políticas no ámbito da economía para subverter as consecuencias dramáticas das políticas neoliberais. Unha de las por en marcha un plan contra a feminización da pobreza, ou equiparar o valor que teñen todos os modelos de familia e facilitar condicións económicas para que podan artellar os seus procesos vitais en condicións de igualdade. Carmen Castro amosou o compromiso de En Marea coa equiparación fiscal as familias monoparentais e monomarentais con respecto as familias numerosos, “o 85 por cento fogares unifamiliares están liderados por mulleres, e son as grandes esquecidas por este goberno“ denunciou. Eliminar factor de penalización que ten actualmente a maternidade sobre o emprego nas mulleres, as políticas actuais impiden que as mulleres se incorporen plenamente ao traballo estamos perdendo potencialidade económica e produtiva das mulleres pero tamén a potencialidade coidadora dos homes. Por iso, En Marea impulsará a equiparación plena dos permisos por nacemento de xeito que sexan igual intransferibles e remunerados ao cen por cen e que a Xunta lidere unha esixencia activa ao Estado para emprender unha mudanza lexislativa para equiparar os permisos por nacemento.
Outra das medidas presentadas esta mañá foi a aposta por traballar coas empresas que aposten por outro modelo de desenvolvemento que xa están brindado a posibilidade de crear unha grande rede de empresas que aposten pola igualdade, pola convivencia, condicións dignas de traballo e eliminación mecanismos de precarización. E impulsar o papel das mulleres dentro do cooperativismo que queremos impulsar desde a Xunta de Galicia. Habilitar condicións reais para que esta lei que fala da titularidade compartida das explotacións agrícolas sexa unha realidade efectiva.
O número 2 de En Marea pola Coruña, Manolo Lago, afirmou que o fundamental e que crecemento económico non pode descansar na precariedade e baixos salarios senón que ten que apostar ola innovación e a calidade e produtividade. “Que faga da produtividade o instrumento de competitividade e iso permitirá recuperar o traballo estable e con dereitos como a norma e non coma a excepción. Necesitamos traballos decentes nos que se vexa sustentando o estado do benestar“ declarou. Un modelo de crecemento que ten como partícipes necesarios as empresas do noso país, en especial empresas familiares máis vinculadas coa nosa realidade que teñen as súas dificultades e necesidades diarias e reais. “E preciso un grande acordo para acabar coa desertización industrial do noso país. Fai falla o grande acordo entre empresas, sectores e goberno que articulen un plan industrial no que as administracións públicas teñen que poñer os instrumentos para facilitar o financiamento das empresas como o desenvolvemento tecnolóxico, e que ten que avanzar nunha dobre vía consolidar os sectores que son cerne do noso aparello produtivo pero ao mesmo tempo diversificar as actividades as que se dirixe a economía en todo o mundo“ asegurou Lago.
Xerar emprego e loitar contra a precariedade laboral e outra das patas fundamentais do programa de En Marea para o que é preciso un gran acordo galego polo emprego no que participen todos os axentes sociais e potenciar o servizo galego de emprego orientado sobre todo a aqueles que teñen máis problemas para acadar emprego.