A Asociación veciñal de Teis solicitará ao Concello ampliar os horarios da liña H3
A posta en funcionamento da liña H3 é un logro veciñal
Na asemblea informativa celebrada na tarde de onte, acordou solicitar ao Concello de Vigo, unha mellora dos horarios da nova liña H3, desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. A asemblea acordou que a nova liña H3 teña unha frecuencia de 60 minutos, para poder dar un bo servizo a veciñanza, que se despraza ao hospital, para consultas, probas ou visitar familiares.
Hai unha semana Abel Caballero, anunciaba a posta en funcionamento da nova liña de autobús H3, en quince días. A posta en funcionamento desta liña conseguiuse pola mobilización e a reivindicación da veciñanza de Teis.
A nova liña só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada. Esta nova liña só funcionara de luns a venres. Non haberá ningún servizo, nin sábados, nin domingos, nin festivos.
Non se tratar só de anunciar a posta en funcionamento unha nova liña. Esa liña debe atender as necesidades da veciñanza e favorecer que a veciñanza utilice o transporte urbano.