Eva Solla, Vanessa Angustia e Yolanda Díaz participan mañá domingo na “Asemblea de Zaragoza” para buscar unha saída dialogada á situación de Catalunya
Na xuntanza participarán Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e Yolanda Díaz, voceira de En Marea no Congreso.
Este domingo 24 de setembro, a partir das 9 horas da mañá, Zaragoza acollerá a “Asemblea pola fraternidade, convivencia e liberdades”, un espazo de encontro entre diferentes forzas políticas para buscar unha solución política dialogada e democrática ante a situación de “excepción” que se está a vivir en Catalunya.
Na xuntanza participarán Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e Yolanda Díaz, voceira de En Marea no Congreso.
Xuntanza cívica e dialogada á situación política en Catalunya
Data: Domingo, 24 de setembro. Hora: A partir das 9h. (Apertura de portas para acreditacións, ás 8h.) Lugar: Pabellón Siglo XXI (C/Luis Legaz Lacambra 35), Zaragoza. Streaming: https://www.youtube.com/watch?
|