O 27 de Maio (27M) a Columna Galega das Marchas da Dignidade volta a Madrid
Na derradeira xuntanza da Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade celebrada esta semana en Compostela acordaron que o 27 de maio a Columna Galega volte a Madrid participando dunha nova e gran manifestación centralizada.
Entre outros, o acordo máis importante e unánime foi o de poñerse a traballar arreo, para que A DIGNIDADE GALEGA estea presente o 27 de maio en Madrid xunto co resto de columnas que acudirán dende todos os pobos, rexións, comunidades e nacións do estado español a unha nova e gran manifestación centralizada para seguir reclamando PAN, TRABALLO E TEITO.
Establecern unha folla de ruta para fixar os distintos actos camiño do 27M e para difundir, financiar e chamar a mobilización a todo o Pobo Galego: Negociaranse trens e autobuses nas mellores condicións posibles. Dende as Marchas dirixiranse a todos os colectivos galegos en conflito chamando a converxer nesta grande manifestación, como xa fixeramos no 2014.
“As Marchas somos un movemento de movementos onde cabemos tod@s, e tod@s somos necesarios para golpear forte, xunt@s e dunha sóa vez. O Primeiro de maio tomarase como data de referencia para chamar á imprescincible unidade de clase de cara ao 27M en todas as mobilizacións que se convoquen” afirman dende a Comisión Coordinadora.
O día 1 de Abril a Columna Galega asistirá a unha nova Asemblea Estatal en Vallecas para poñer en común co resto de columnas o formato e a estratexia organizativa da mobilización do 27M.
PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE será o lema para esta nova gran mobilización das Marchas da Dignidade sobre Madrid o 27M. Manifestaranse ademais…
-En defensa das pensións públicas dignas e a cargo dos Presupostos. Non aos Pactos de Toledo.
-Polo emprego estable, salarios dignos e a renda básica: Derogación das reformas laborais.
-Pola liberdade d@s pres@s e procesad@s por loitar. Amnistía.
-Polo non ao pago da débeda. UE e FMI fora xa daquí.
-Pola defensa dos Servizos Públicos como dereitos esenciais.
-Contra o feminicidio: Qerémonos vivas, nin unha menos.
Afirman que “os procesos electorais non son suficientes para mudar as cousas. Sin
mobilización non hai solución, non nos queda outra que seguir loitando e que as clases populares
tomemos as rendas do noso futuro, nas rúas: tod@s a unha. “A loita é o único camiño”
Facilitan os seguintes teléfonos de contacto da columna galega das Marchas da Dignidade:
CUT: 630684141 – FC-SM: 654629190 – CGT: 695903890 – SF-Intersindical: 661402977