Compromiso por Galicia denuncia que o PPdG segue a usar a súa acción de goberno para xestionar a dedo contratos millonarios
Feijoo prometía cando estaba na oposición, adelgazar os chiringuitos e transparencia na contratación. Hoxe sabemos que a promesa non era certa, e xunto co nomeamento de ex-conselleiros para cargos o PP utiliza axencias para contratos que escapan ao control público. Nunha practica xa normal do goberno galego, este entregou unha licitación de máis de 2,5 millóns de euros para a promoción do Xacobeo a través da “Axencia Turismo de Galicia”. Ó parecer e facéndonos eco de queixas do sector sen dar opción a moitas das empresas galegas. No fondo non se cuestiona a legalidade da medida, pero si cuestionamos a ética e a falta de palabra do Presidente, calquera contrato público tiña que ser en base a igualdade e competitividade das empresas, máis se son 2,5 millóns.
«Este tipo de prácticas políticas demostran que o PP ningunea ao Parlamento e aos mecanismos de control para usar Galicia como a súa propiedade, caendo na baixeza política e non respectando as regras de xogo e oportunidades dos galegos» -apuntou o Secretario Xeral galeguista Piñeiro Docampo-.
CxG demanda do PP máis seriedade na xestión dos cartos dos galegos e galegas que pagan os impostos de forma rigorosa. CxG denuncia que o organismo dirixido por Nava Castro, ao igual que outras axencias dependentes do goberno galego, actúan con opacidade e falta de publicidade no manexo e adxudicación dos cartos públicos, faltando ás boas palabras sobre a boa xestión dos cartos públicos que o Partido Popular, con Feijoó á cabeza, di realizar.
Para os galeguistas de CxG este é o xeito que o PP ten de manter o poder público a través da cooptación e das prevendas a través dun entramado de axencias públicas e empresas públicas que escapan aos principios de transparencia e publicidade das adxudicacións públicas, un sistema similar ó do PP en Madrid e Valencia que rematou como rematou.
Non poñemos en dúbida por outra banda a capacidade das empresas seleccionadas, pero si sabemos do malestar do sector, xa que esta adxudicación xestouse nunha reunión de salón en Monte Pío, da cal xa circulan fotos. Estas prácticas sen transparencia, sen control público e sen publicidade son cando menos contrarias ó que predica o noso Presidente.
Neste sentido apuntamos dende Compromiso a práctica clientelar da política do PP que está a deixar a Galicia no furgón de cola da UE.