Esquerda Unida rexeita o ERTE de Bosch que afecta a 600 persoas e esixe máis implicación dos gobernos contra as deslocalizacións e o traballo precario
Dende Esquerda Unida rexeitamos o ERTE de Bosch e esiximos máis implicación dos gobernos contra as deslocalizacións e o traballo precario. Neste senso, Crego aplaude a decisión destes colectivo de “recorrer a decisión da empresa tanto xuridicamente como a través dos representantes políticos no Goberno galego e no Congreso”.
Compostela, 26 de marzo de 2019. Esquerda Unida manifesta o seu total rexeitamento ao Expediente de Regulación de Empleo de carácter temporal (ERTE) que pretende levar a cabo a multinacional Bosch e que afectaría a unhas 600 persoas que traballan no sector de chamadas da compañía en Vigo, aínda que xa se produciron 200 despidos, levados a cabo pola dirección, de persoas contratadas a través dunha Empresa de Traballo Temporal.
O responsable de Estratexias para o Conflito de Esquerda Unida, Guillermo Crego, manifesta “unha gran preocupación polas condicións laborais de precarización das empregadas/os que están a traballar no sector das telecomunicacións que operan no noso país, onde a maioría son mulleres, e que padecen contratos precarios, parciais e baixos salarios”.
Dende Esquerda Unida rexeitamos o ERTE de Bosch e esiximos máis implicación dos gobernos contra as deslocalizacións e o traballo precario. Neste senso, Crego aplaude a decisión destes colectivo de “recorrer a decisión da empresa tanto xuridicamente como a través dos representantes políticos no Goberno galego e no Congreso”.
Concretamente, dende o Grupo Confederal leváronse varias propostas ao Congreso para desenvolver marcos lexislativos que muden a calidade de vida das persoas, combatan a desigualdade e blinden dereitos, así como a proposta de derrogar as reformas laborais de tal maneira que se garanta o dereito constitucional a un traballo digno. Bosch ten máis de 2.000 traballadores e traballadoras nos centros de traballo que ten na cidade olívica e é a segunda empresa que máis emprego xera alí, despois de PSA Peugeot-Citroën.