Redacción •  Galicia •  26/06/2016

Pese aos escándalos de corrupción o PP sobe en Galicia a costa de En Marea e Ciudadanos

O Partido Popular mantén a súa condición hexemónica en territorio galego, chegando aos 12 escanos fronte aos 10 que obtivera o pasado 20 de decembro nunha xornada electoral que a participación caeu pola tarde en torno a sete puntos.

Pese aos escándalos de corrupción o PP sobe en Galicia a costa de En Marea e Ciudadanos

Pola súa banda, o Partido Socialista de Galicia (PSdeG) repite os 6 escanos obtidos na última convocatoria mentres que En Marea pasa de 6 a 5 deputados pola perda de apoio nas grandes cidades deixándose preto de 70.000 votos.

Ciudadanos perde o único deputado que obtivera o 20D e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) confirma a súa desfeita electoral ao non obter representación baixando do 4,32% ao 2,90% en porcentaxe de voto en territorio galego.

Unha vez máis vense de confirmar que os escándalos de corrupción que de maneira recurrente afectan ao PP ( por exemplo os casos Pokemon ou Campeón en Galicia), parecen non ser motivo de preocupación entre os seus votantes.


Eleccións 26X /  Galicia /