Redacción •  Galicia •  27/05/2018

En Marea pedirá no Parlamento que a caza deixe de ser considerada en Galicia unha actividade deportiva

En Marea presentará no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para rematar coa consideración da caza como actividade deportiva. Unha consideración que para este grupo non merece ter, como non merece recibir as axudas que a Xunta de Galicia conceden as federacións deportiva de calquera condición. 

En Marea pedirá no Parlamento que a caza deixe de ser considerada en Galicia unha actividade deportiva
Durante os debates que se produciron no Parlamento de Galicia con relación aos campionatos/matanzas de raposos que se produciron en Galicia nos meses de Xaneiro e Febreiro  deste ano e nos anos anteriores, a Consellería de Medio Ambiente negou que estes eventos tiveran financiación pública directa, sen entrar no finanzamento xeral que a Secretaría Xeral para o Deporte destina  a Federación Galega de Caza como a todas as Federacións Deportivas.
 
Desde a celebración do debate, a propia Xunta contestou unha pregunta a En Marea na que se admitía que durante os últimos cinco anos foron subvencionadas con 37.706,37 euros as matanzas de raposos nos campionatos de caza e con 141.289.90 euros á Federación de caza.
 
Xustamente pola concesións destas axudas que acaban na matanza de raposos por toda Galicia, En Marea presentará unha Proposición Non de Lei no Parlamento para solicitar que a caza deixe de ser considerada unha actividade deportiva en Galicia. Deste xeito,  non se poderían utilizar cartos públicos para financiar matanzas totalmente inxustificadas.
 
Ademais desta medida directa, hai outros moitos argumentos para non considerar a caza como un deporte. Entre eles, o incumprimento dos obxectivos que se marcan nas liñas de axudas ao deporte e que amparan as concedidas á Federación Galega de Caza e que evidencia que as axudas concedidas non coinciden en absoluto coas características reais da actividade de matanza de raposos.
 
En Marea súmase e respalda a petición de numerosos colectivos e asociacións que piden que se acabe coa matanza de animais e que piden que se acaban coas batidas dos raposos. A Asociación Libera! presentou no Parlamento de Galicia  unha iniciativa respaldada por 60.000 firmas pedindo tamén que se deixe de considerar a caza como unha actividade deportiva.

En Marea /