Redacción •  Galicia • 28/07/2020

Esquerda Unida denuncia a imposición dun protocolo da consellaría para un inicio de curso sen garantías sanitarias nin de docencia

O goberno en funcións do PP e colaborador imprescindible da situación de precariedade na que se atopa a educación pública, manifesta con este protocolo que ou ben descoñece os medios humanos e materiais dos que dispoñen os centros educativos públicos, ou ben amosa unha intención directa de seguir avanzando cara o estrangulamento dun dereito fundamental como é a educación.

Esquerda Unida denuncia a imposición dun protocolo da consellaría para un inicio de curso sen garantías sanitarias nin de docencia

Compostela 27 de xullo de 2020. O protocolo “unilateral” elaborado pola Consellería de Educación para o vindeiro curso 2020-2021 sen contar co profesorado e sindicatos nin coa comunidade educativa, dificulta un inicio de curso seguro ante os riscos provocados pola pandemia.

Esquerda Unida súmase as mobilizacións previstas para este 28 de xullo, nas que a comunidade educativa exixe un protocolo real para garantir todos os aspectos que abarca un inicio de curso marcado pola Covid19 e que implican unha adaptación que vai máis alá das intencións da Consellaría que tan sequera contempla o incremento de persoal docente e non docente para levar a cabo a súa propia proposta.

“O goberno en funcións do PP e colaborador imprescindible da situación de precariedade na que se atopa a educación pública, manifesta con este protocolo que ou ben descoñece os medios humanos e materiais dos que dispoñen os centros educativos públicos, ou ben amosa unha intención directa de seguir avanzando cara o estrangulamento dun dereito fundamental como é a educación” manifesta Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.

É inadmisible que as ratios de alumnado, o desdobramento de aulas, o servizo de comedores, o de atención temperá, desinfección de materiais, etc, sexan elementos recollidos no protocolo “unilateral” que carezan de total planificación delegando así as responsabilidades aos equipos directivos e docentes dos centros.

Esquerda Unida exixe á Consellaría que actúe con responsabilidade e abra unha mesa de diálogo coa comunidade educativa para establecer un protocolo adecuado á situación sanitaria e a consecuente adaptación de medios humanos e materiais para garantir un inicio de curso seguro.

 


COVID-19 /  Esquerda Unida /  Eva Solla /  Redacción /