A concelleira de Economía e Facenda de Compostela, María Rozas, e o seu homólogo en Madrid, Carlos Sánchez Mato, debaten en Compostela sobre a necesidade dunha banca pública
Esquerda Unida Compostela organiza a charla-debate que leva por título: “Banca Pública: Por que é necesaria?” impartida pola concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o seu homólogo en Madrid, Carlos Sánchez Mato. Este acto terá lugar o xoves 30 de marzo ás 20h. na sede Afundación (rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela).

Este coloquio pretende dar a coñecer como o sistema bancario actual neoliberalista é un cómplice desta crise-estafa que padecemos, que segue a promover un modelo económico especulativo que vai en contra dos dereitos da cidadanía. É por iso que camiñar cara a construción dunha banca pública, ao servizo dun novo modelo económico sustentable, é unha das prioridades de hoxe en día.
Esquerda Unida de Compostela organiza o coloquio: “Banca Pública: Por que é necesaria?”
Hora: 20 horas.
Data: Xoves, 30 de marzo.
Lugar: Sede Afundación (rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela).