Esquerda Unida, ante os resultados das Eleccións Municipais, indica a necesidade dunha fonda valoración colectiva sobre as dificultades que levaron ao estreitamento do espazo da esquerda
Esquerda Unida apela a reflexionar sobre las "herramientas de confluencia" tras los resultados "agridulces" de las municipales.
![Esquerda Unida, ante os resultados das Eleccións Municipais, indica a necesidade dunha fonda valoración colectiva sobre as dificultades que levaron ao estreitamento do espazo da esquerda](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2019/05/qicrxjpv-950x0-c-default.jpg)
Os resultados das eleccións municipais debuxan un panorama dispar, cun resultado nalgúns casos agridoce gracias ao mantemento ou crecemento da confianza das veciñas e veciños nos proxectos iniciados polas nosas candidaturas nalgúns concellos, como é o caso de Mugardos, O Porriño ou Cangas, entre outros.
Non obstante, o estreitamento do espazo da esquerda en moitos outros concellos require unha análise das ferramentas de confluencia, que evidenciaron o peso das discusións internas, condicionando en boa medida os resultados obtidos.
Esquerda Unida entende que estes resultados son unha advertencia da necesidade de emendar e corrixir criticamente os erros e unha oportunidade de traballar na reconstrución dun espazo político máis integrador, feminista, ecoloxista e de clase que ofreza propostas para mellorar as condicións de vida da clase traballadora.