Redacción •  Galicia •  29/11/2018

En Marea insta impulsar un plan de emerxencia para por fin aos feminicidios

“Quen falta na unidade e no consenso contra a violencia machista é o PP. Temos enviado multitude iniciativas para aumentar partidas relacionadas coa muller nos orzamentos galegos e o PP que sempre os rexeita” denunciou o deputado de En Marea.

En Marea insta impulsar un plan de emerxencia para por fin aos feminicidios

O grupo parlamentario de En Marea salientou o novo éxito de participación das manifestacións e concentracións no noso país no 25N contra as violencias machistas.  A deputada Paula Quinteiro considerou fundamental acabar coa máis grave das manifestacións destas violencias como son os asasinatos de mulleres para o que considerou indispensable sacar adiante un plan integral que loite contra todas as formas de violencia machista xa que é o único camiño posible. Para isto ademais considerou fundamental que se conte cos movementos feministas, indispensables na loita contra este tipo de violencia e na procura dunha sociedade na que as desigualdades por razón de xénero non teñan cabida.

Quinteiro recoñeceu os xestos por parte da Administración despois do histórico 8 de marzo pero asegurou que “son insuficientes” e salientou a necesidade de “facer autocrítica”. “Os discursos e os relatos van por unha liña e o as políticas publicas por outra” lamentou.

Así mesmo, declarou estar “farta das apelacións á politización” cando se leva o tema da violencia machista ao Parlamento galego xa que asegurou que “si existen diferencias políticas polo que hai que dar os debates de xeito franco e sincero. “Hai que deixar os discursos de parte se realmente queremos un pacto de todos” insistiu.

No relativo ao pacto de Estado contra a violencia machista, Paula Quinteiro sinalou que será condición indispensable para que conte co apoio de en Marea o feito de que as medidas veñan acompañadas de prazos concretos, cunha calendarización clara e cun orzamento definido. “Non serven os titulares falando dun pacto pero que despois está paralizado durante meses e os orzamentos aínda non se coñecen” remarcou.

O deputado no Parlamento, Marcos Cal, pola súa parte destacou a caída do 41 por cento nas partidas do orzamento galego nas políticas que teñen que ver coa muller, o que implica 16 millóns de euros menos. “Cando entrou o Partido Popular no goberno galego levou a cabo unha rebaixa brutal no orzamento e a día de hoxe estamos na metade” reafirmou Marcos Cal.

“Quen falta na unidade e no consenso contra a violencia machista é o PP. Temos enviado multitude iniciativas para aumentar partidas relacionadas coa muller nos orzamentos galegos e o PP que sempre os rexeita” denunciou o deputado de En Marea.

Para o grupo parlamentario sería necesario cuadriplicar o orzamento que a Xunta de Galicia destina a políticas da muller se realmente se quere afrontar e poñer solución aos graves problemas de violencia de xénero, fenda salarial e desigualdade presentes a día de hoxe na nosa sociedade.


En Marea /  feminicidios /