Luís Villares acusa ao PP de utilizar as institucións para protexer os seus intereses
Luís Villares acusou a Feijóo e ao PP de manter o “abuso de poder” no goberno da Xunta de Galicia ao protexer, unha vez máis, a Valedora do Pobo, trala confirmación da sentenza contra ela e por non tomar ningunha decisión trala imputación por prevaricación ambiental do director xeral de Minas, Ángel Tahoces, pola súa actuación na mina de San Finx.
![Luís Villares acusa ao PP de utilizar as institucións para protexer os seus intereses](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2019/04/luis_villares_10-950x0-c-default.jpg)
Villares lembrou que en ambos casos, o PP adoptou a mesma estratexia de protexer a corrupción e mantela sen tomar ningunha decisión que exemplifique o compromiso da Xunta coa limpeza democrática. Luís Villares lembrou na súa intervención que no pasado verán Feijóo comprometeuse no Parlamento de Galicia a “tomar nota” do que dixera a setenza do Tribunal Supremo sobre o caso da Valedora do Pobo. O Tribunal Supremo confirmou a sentenza condenatoria contra a Valedora, pero o PP mantén exactamente a mesma actitude de mantela no seu cargo. Segundo Villares, foi en “xullo de 2018 cando o presidente da Xuntan prometeu respectar a senteza, pero en abril de 2019 Feijóo segue sen respectar esa sentenza”. Tamén lembrou Villares que en xullo do ano pasado o presidente da Xunta sinalou que o PP “respectaba as sentenzas porque é un partido democrático”. O voceiro de En Marea preguntoulle a Feijóo se desde xullo de 2018 o “PP tiña deixado de ser un partido democrático”.
Ademais do caso da Valedora do Pobo, Luís Villares lembrou o caso de Ángel Tahoces, imputado por prevaricación medioambiental pola reapertura da mina de San Finx. Villares sinalou que o presidente da Xunta de Galicia estaba “consentindo o clientelismo e a arbitrariedade” como marcas do actual goberno de Galicia”, un goberno que vive sen distanciar a corrupción da acción de goberno e deixano permanenten sospeita sobre as motivacións para protexer a quen incumpre as leis.
Villares reclamou de Feijóo unha demostración clara de que está a favor da lei e de que acata as sentenzas cando afectan a cargos próximos ao PP como é o da Valedora do Pobo, ou cando as investigacións afectan a cargos da Xunta como o director xeral de Enerxía e Minas. No caso da Valedora do Pobo, o PP votou no Parlamento de Galicia para que, na práctica, continúe no seu cargo, e no caso de Ángel Tahoces, o goberno nin sequera, se plantexou pedirlle a dimisión como sería lóxico cunha acusación tan seria.