Folga indefinida do persoal técnico de prevención de incendios forestais a partir do 1 de agosto
A folga atinxe ao persoal enxeñeiras e enxeñeiros técnicos forestais e de montes da Consellaría do Medio Rural que reivindica un novo acordo que regule as súas condicións de traballo.
![Folga indefinida do persoal técnico de prevención de incendios forestais a partir do 1 de agosto](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2020/07/brigada_forestal-950x0-c-default.jpg)
Os sindicatos reivindican un novo acordo laboral que inclúa un aumento do cadro de persoal —para garantir os descansos legais sen que se resinta o servizo—; a redución do horario anual —supera as 2000 horas—; a regulación do traballo en fins de semana, festivos, gardas e descansos compensatorios; ou garantir quince días de vacacións no verán ou recoñecer a segunda actividade e coeficientes redutores para a xubilación anticipada.
Tamén piden melloras organizativas que atanguen á distribución da carga de traballo; maior organización entre a xestión de montes, a prevención e loita contra incendios forestais e a xestión do persoal adscrito aos distritos forestais; eliminar a dispoñibilidade absoluta das xefas ou xefes de distrito; así como establecer un segundo xefe ou xefa de garda por distrito forestal.