Esqueda Unida Nalón entende fora de lugar sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria en Narón.
André Abeledo, portavoz da coalición da EU en Nalón, indica que ningún goberno debería dar contratos que exceden da súa lexislatura.
André Abeledo, portavoz da coalición da EU en Nalón, recorda ao Equipo de Goberno que os contratos de suministros e de servizos de prestación sucesiva terán un prazo máximo de duración de cinco anos, incluíndo as posibles prórrogas que en aplicación do apartado segundo deste artigo acorde o órgano de contratación, respetando as condicións e límites establecidos nas respectivas normas orzamentarias que sexan aplicables ao ente contratante.
«Ademais de que o noso modelo non é este, e dende EU Narón defendemos a municipalización dos servizos básicos para que sexan un auténtico servizo público, entendemos que os gobernos non poden hipotecar o futuro da veciñanza».
Excepcionalmente, nos contratos de servizos poderase establecer un prazo de duración superior ao establecido no parágrafo anterior, cando o esixa o período de recuperación das inversións directamente relacionadas co contrato e estas non sexan susceptibles de utilizarse no resto da actividade produtiva do contratista ou a súa utilización fora antieconómica, sempre que a amortización de ditas inversións sexa un custo relevante na prestación do servizo, circunstancias que deberán ser xustificadas no expediente de contratación con indicación das inversións as que se refira e do seu período de recuperación. O concepto de custo relevante na prestación do servizo será obxeto de desenrolo regulamentario.
O contrato de servizos de mantemento que se concerte conxuntamente co da compra de ben a manter, cando dito mantemento solo poida ser prestado por razóns de exclusividade pola empresa que suministróu dito ben, poderá ter como prazo de duración o da vida útil do produto adquirido.
Así mesmo poderá establecerse nos contratos de servizos relativos aos servizos as persoas un prazo de duración maior cando elo fora necesario para a continuidade de aqueles tratamentos aos usuarios nos que o cambio do prestador puidera repercutir negativamente.
No obstante o establecido nos apartados anteriores, cando ao vencemento dun contrato non se houbera formalizado o novo contrato que garanta a continuidade da prestación a realizar polo contratista como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para o órgano de contratación producidas no procedemento de adxudicación e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o contrato orixinario ata que comence a execución do novo contrato e en todo caso por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes
condicións do contrato, sempre que o anuncio de licitación do novo contrato téñase publicado cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do contrato orixinario.
«Dende EU Narón preguntámonos que inversión vai a xustificar neste caso o Equipo de Goberno?».