Redacción •  Galicia •  01/02/2024

Esquerda Unida fai un chamamento á participación na mobilización en defensa da Sanidade Pública

  • Eva Solla: “a sanidade pública en galicia está sometida a unha xestión destrutiva por parte do partido popular. a saúde das galegas e dos galegos non pode continuar en mans de quen a quere aniquilar”.
Esquerda Unida fai un chamamento á participación na mobilización en defensa da Sanidade Pública

Compostela, 1 de febreiro de 2024. Un dos piares fundamentais dunha sociedade radica na calidade dos seus servizos públicos, aqueles que velan polas persoas en igualdade de condicións, a saúde e a súa xestión pública deberan ser irrenunciables para un goberno que priorice ás persoas frente aos beneficios.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla afirma que “a Sanidade Pública en Galicia leva máis dunha década sometida a unha xestión destrutiva por parte do Partido Popular” polo que  “a saúde das galegas e dos galegos non pode continuar en mans de quen a quere aniquilar”.

Esquerda Unida como parte integrante da plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA,   súmase e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que este domingo 4 de febreiro Compostela sexa o centro de acción en defensa do noso dereito a unha atención sanitaria digna e acorde ás necesidades do noso país.


sanidad pública /