Redacción •  Galicia •  01/04/2024

CIG-Industria mobilizarase o xoves 4 de abril en defensa do emprego e da Industria en Galiza

Delegadas e delegados de todo o país participarán na asemblea nacional e na posterior manifestación, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá

CIG-Industria mobilizarase o xoves 4 de abril en defensa do emprego e da Industria en Galiza

Diante da grave situación que atravesa o sector industrial en Galiza, cun proceso de desmantelamento que afecta a comarcas enteiras, unha perda de emprego progresiva e coa ausencia dunha política industrial merecente de tal nome, por parte da Xunta de Galiza, a CIG-Industria convoca, para o vindeiro xoves, día 4 de abril, unha asemblea de delegadas e delegados e unha manifestación posterior.

A mobilización, en defensa do emprego, contra a desindustrialización e en demanda de que se remate dunha vez coa precariedade laboral no sector, insírese na campaña confederal Stop Precariedade, traballo digno! e percorrerá as rúas de Compostela, con saída ás 12:00 horas desde a Alameda, para rematar en San Caetano.


CIG /