Redacción •  Galicia •  01/07/2024

A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino

  • O pasado venres 28 de xuño, un grupo de militantes contra o xenocidio palestino en curso instalamos unha faixa diante da multinacional española Indra, na Coruña, denunciando a súa colaboración na masacre en curso en terras palestinas desde o 8 de outubro. Coa mensaxe «Indra mata nenxs na Palestina».
A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino

A multinacional, participada nun 28% polo SEPI (goberno de España), pechou o ano 2023 con 206 millóns de euros de beneficios, un 20% máis que o ano anterior.

Un impulso xerado, en boa medida, polos ingresos vinculados á división de Transporte & Defensa, que aumentaron un 19% polo forte crecemento de Defensa & Seguridade (debido ao aumento dos conflictos bélicos e o reforzamento de control de fronteiras, nos que a empresa ten diversos contratos).

– Indra participou nun proxecto de 24 millóns de euros, na autopista Ayalon 20, que rodea Tel Aviv, coa súa tecnoloxía en IA pra o fomento da mobilidade en Israel. No mesmo tempo que se amplían os puntos de control, e todo tipo de medidas que coartan a moiblidade e a vita cotiá da población palestina nos Territorios Ocupados.

– Aínda máis, Indra é socio estratéxico da empresa israelí “Israel Aerospace Industries (IAI)”, unha corporación pioneira en tecnoloxía de drons. Seus modelos Heron 1 e Heron TP son utilizados polas Forzas Israelíes de Defensa sobre os Territorios Ocupados Palestinos pra identificar obxectivos e realizar ataques mortais con proxectís.

Indra, pois, segue a priorizar o beneficio económico ante calquera consideración ética o moral e mantendo negocios co Goberno de Benyamin Netanyahu, responsable do xenocidio en curso en Gaza (e no aumento do asedio, detencións arbitrarias e asasinatos en Cisxordania) desde o 8 de outubro.

[Fonte da info: campaña #DesarmandoIndra].

Anexo:

Datos da situación da infancia en Gaza (14/06/2024) baixo o xenocidio
(fonte: Goberno palestino/ONU):

  • 15.694 nenas e nenos fueron asesinados, 34.000 niños feridas e 3.600 atópanse desaparecidos baixo os escombros.
  •  1.500 nenas e nenos perderon extremidades ou ollos, ou sufriron unha discapacidade permanente debido a unha lesión, e polo menos 200 foron secuestrados polas forzas israelíes.
  • 17.000 niños quedaron orfos, o 3% delxs perderon a ambos proxenitores e máis de 700.000 niños foron desplazados pola forza dos seus lugares de residencia.
  • Cerca de 650.000 perderon seus fogares despois de que foran destruidos.
  • El 98% da infancia en Gaza non atopa auga potable.
  • 82.000 presentaron síntomas de desnutrición, o 35% con síntomas graves.
  • 33 nenas e nenos perderon a vida debido á fame e a desnutrición.

Palestina /